InicioBARRIOSEirís prepárase para unha nova edición da singular Festa da Fresa

Eirís prepárase para unha nova edición da singular Festa da Fresa

Publicada o

Por editor

Este martes 20 de agosto os barrios volven ser protagonistas na axenda festexeira da cidade coa Festa da Fresa de Eirís.

A xornada comezará coa actuación dun grupo de baile e música tradicional ás 17.00 horas. Todas as actividades terán lugar na contorna da cúpula do parque de Eirís. Tamén ás 17.00 horas haberá un paseo guiado pola horta municipal baixo o nome de ‘Leira das Freces’.

Durante a xornada haberá dúas actuacións especiais para o público infantil que forman parte do programa Cascarillarte, das Festas de María Pita. A primeira será ás 18.00 horas, cando actuarán Títeres Micromina co seu espectáculo ‘Raio The Loubican’. Ás 19.30 será a quenda de Maga Fani con ‘Maxia Rebuldeira de Rúa’.

Ás 18.00 horas terá lugar o VII Torneo de Fútbol Festa da Fresa. Xogarán ás 18.00 o Eirís SD cadete fronto ao Liceo Monelos, ás 21.00 horas o Eiris SD feminino fronte ao Oseiro e ás 22.00 horas o Eirís SD absoluto fronte ao Liceo Monelos.

Ás 18.30 horas abrirase a exposición das fresas das colaboradoras e ás 19.00 horas será o prato forte da xornada coa degustación gratuíta de fresas na cúpula de Eirís. A xornada rematara cun concerto de Lidia Sueiro ás 21.30 e cunha verbena coa orquestra Foliada D’ases.

ÚLTIMAS

A Coruña anulará os acordos de 1962 que facilitaron o paso da Casa Cornide á familia Franco

O Concello da Coruña levará ao pleno da próxima semana a anulación de dous...

Inés Rey tras as protestas por Ceuta: “A solidariedade non é envolverse nunha bandeira”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, criticou este xoves a presenza do presidente da...

Prisión para un home acusado de tentar matar outro tras apuñalalo en Cambre

Un home ingresou en prisión como presunto autor dun delito de homicidio en grao...

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here