InicioARTEIXOBREO, a nova banda revelación do folk galego, prepara o seu primeiro...

BREO, a nova banda revelación do folk galego, prepara o seu primeiro disco

Publicada o

Por editor

Con base de operacións en Arteixo, o grupo revelación do folk en Galicia, BREO, prepara xa o lanzamento do seu primeiro disco. ‘Máis Alá’ sairá en todas as prataformas dixitais o vindeiro mércores 9 de outubro, con 10 temas, baseados na relevancia do misticismo, os costumes e as lendas galegas.

O nome do grupo está inspirado nunha deidade celta chamada ‘Berobreo’, gardián de almas e encargado de transportalas ‘ao máis ala’, o cal ten un santuario no alto do Monte do Facho (Donón, Cangas do Morrazo), unha das míticas finisterras atlánticas.

BREO está formado por Sandra Novais Meireles (voz, teclado e pandeireta, natural de Guimarães pero residente en Cedeira), Samuel Lafuente Carballeda (violín, natural da Coruña), Rubén Gómez Castro (guitarras, natural de Ferrol), Migui Ocampo (bodhran, percusións e programacións, natural da Coruña) e Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira, acordeón diatónico e gaita, natural da Coruña e fillo do mítico membro de Luar na Lubre).

Para este traballo, gravado en Estudios Bruar, a nova formación galega contou con diferentes colaboracións musicais, como o cantante Sabu l’Aviseu (en ‘Canto Raibas’), Marta Chello (en ‘María ‘A Meiga’) e a banda da A. C. Triskell de Arteixo (en ‘Os Lombois’).

A xira de presentación en Galicia ten datas confirmadas na Sala Garufa Club de A Coruña (12 de outubro) na Casa das Crechas en Santiago de Compostela (26 de outubro).

Máis novas

A Sombra dos Soños, o proxecto integramente en galego de José Carballido

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here