InicioPOLÍTICAEMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar...

EMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar as necesidades de pisos sociais

Publicada o

Por europapress

A Xunta de Goberno do Concello da Coruña dará luz verde este mércores aos trámites para completar o procedemento necesario para que a Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) asuma a xestión do parque municipal de vivenda.

Trátase dunha iniciativa impulsada coa finalidade de adaptar o patrimonio residencial do Concello ás necesidades de vivenda social que se detecten na cidade a medio e longo prazo. Así o informou a rexedora, Inés Rey, nunha comparecencia na que precisou que, a día de hoxe, son máis de 400 os inmobles do Concello destinados a arrendamentos sociais. A estes bens patrimoniais hai que sumar 26 locais, 76 prazas de garaxe e 63 trasteiros.

A data de inicio que marca o encargo a EMVSA para xestionar o Banco Municipal de Vivenda será o próximo 26 outubro e terá vixencia, de inicio, entre os anos 2025 e 2026. Por outra banda, a alcaldesa informou que o consistorio investirá 1,5 milones de euros en melloras de dixitalización e mobilidade sustentable. Fíxoo ao informar sobre o novo contrato de mantemento do software de BiciCoruña, servizo municipal que xa pasou o millón de persoas usuarias no que vai de ano.

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...