InicioCULTURAAs mobilizacións do persoal da Escola de Música non cederán ata que...

As mobilizacións do persoal da Escola de Música non cederán ata que se confirmen os compromisos municipais

Publicada o

Por editor

Esta mañá, o goberno local reuniuse o Consorcio da Música para aprobar o déficit de 813.000 euros para 2023. A Concellaría de Cultura informou que se vai levar ao pleno do día 7 de novembro un modificativo para a EMM e subsanar necesidades e débedas co persoal traballador.

A representante da área de Cultura tamén informou que os arranxos urxentes que precisa o edificio se afrontarán entre o Concello e o Consorcio, priorizando asuntos como a caldeira e o ascensor. De feito, para o próximo luns está prevista unha reunión coa dirección do centro para tratar as necesidades e prioridades máis urxentes. O obxectivo, sinalou a administración, é a longo prazo realizar unha reparación integral do inmóbel.

O caso é que todos estes compromisos están supeditados a que se aproben os orzamentos municipais para 2025, “co cal todo está no aire”, advirte o persoal.
Por ese motivo a asemblea de traballadoras e traballadoras acordou manter as mobilizacións e convocar unha concentración para o próximo martes, 29 de outubro, ás 20:30h, diante da escola.
Ademais, os traballadores manteñen a cita do 7 de novembro, outra protesta en María Pita, ás 09:45h, coincidindo coa celebración do pleno ao que se levará o modificativo de crédito.

O Futuro da EMM

Ás preguntas sobre o futuro da escola, respondeuse que o Concello ten previsto realizar un convenio de xestión co Consorcio, que pasará a encargarse unicamente dos gastos de persoal. Así, habería un cambio de modelo, xa que a xestión da escola se faría directamente pola Concellaría de Cultura (área na que a EMM contará cunha partida propia), e todo o relativo a recursos, materiais didácticos e mantemento do edificio tamén correrá a cargo de Cultura.

Segundo lle trasladou o Concello á representación social, este convenio revisarase anualmente, polo que o persoal seguirá mantendo o pulso pola municipalización.

Esixencia do PP

Aproveitou o PP, que mantivo unha reunión cos membros da Escola, para esixir a Inés Rey “solucións urxentes aos problemas da Escola Municipal de Música polo perigo que supón para os usuarios. Lorenzo lembrou que o Goberno “aínda non fixo nada para cumprir a moción, todo segue igual: caída de restos por gretas na fachada que supoñen un perigo para os usuarios; fugas e humidade; aseos atascados, falta de aire acondicionado e insonorización nas aulas, problemas eléctricos, etc”.

Máis novas sobre a situación da EMM

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

Persoal da Escola Municipal de Música da Coruña mobilízase para pedir a xestión directa do consistorio

ÚLTIMAS

ANPA do CEIP de Tarrío esixe á Xunta máis recursos e atención inmediata

Avanza o curso e cada vez son máis familias as que saen á rúa...

As ANPAS dos colexios de Oleiros levaron o seu manifesto ao pleno

Segue alzando a voz as comunidades escolares dos colexios de Oleiros. O último paso...

Detidas dúas persoas polo incendio rexistrado nun edificio na Sagrada Familia no que faleceu un home

A Policía Nacional detivo a dúas persoas pola súa suposta relación no incendio rexistrado...

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here