InicioCULTURAA Escola Municipal de Música xa cae a anacos

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado mércores pola tarde caeu un anaco da cornixa do edificio sobre a beirarrúa. Por sorte non houbo que lamentar danos a ningunha persoa, xa que a hora na que se produciu o incidente é a de maior asistencia á escola. Porén foi precisa a posterior intervención dos bombeiros para asegurar a cornixa e evitar que se desprendan novos anacos sobre a rúa.

Dende a CIG lembran que “o evidente deterioro da fachada xa foi denunciado en diversas ocasións pola dirección da escola e o persoal, mais nin o Consorcio nin o Concello realizaron as actuacións de mantemento e as reparacións necesarias”. Cómpre sinalar que o centro comparte inmóbel co CEIP Curros Enríquez, que este ano se renovou por completo agás na parte que ocupa a Escola Municipal de Música, quedando esta no total esquecemento.

Escano cidadán

O persoal ademais critica que non se permitira a participación da delegada de persoal no escano cidadá, alegando que xa tiña intervido no mes de maio, aínda que nesta ocasión ía tratar outra temática diferente. Coa dúbida até o último momento, finalmente Matilde Teijeiro non puido tomar a palabra diante do pleno municipal para preguntar por que o Goberno local segue sen municipalizar a escola, sen asumir a súa xestión directa cando o persoal xa ten as prazas consolidadas, e permitindo que se incumpra co convenio colectivo.

O persoal entende que con esta negativa a participar do escano cidadá, o Goberno municipal está intentando silenciar as súas demandas e demostrando o escaso interese que ten por atender as xustas reivindicacións na defensa do futuro da escola e un ensino de calidade. De feito, a preguntas da oposición, o concelleiro d Cultura foi incapaz de explicar en que se gastaron os 250.000 euros consignados para a EMM nos orzamentos deste ano, limitándose a dicir que os cartos foron para o Consorcio para a promoción da música, pero sen aclarar a que fin se destinaron.

 

Con todo, o persoal reafirma a súa disposición a seguir pelexando para conseguir que o Concello da Coruña asuma a xestión directa, que a Escola conte co orzamento necesario para ofertar unha ensinanza pública e de calidade e reivindicar que se cumpra co estabelecido no convenio colectivo e se abonen de inmediato os atrasos salariais xerados dende xaneiro de 2021.

Máis novas

Persoal da Escola Municipal de Música da Coruña mobilízase para pedir a xestión directa do consistorio

ÚLTIMAS

A Xunta ratifica a declaración da Torre de Hércules como asegunda zona ENIL da Coruña

O Consello da Xunta acaba de anunciar que a Torre de Hércules xa conta...

A muller asasinada na Sagrada Familia pola súa parella estaba no sistema VioGén

O home detido pola Policía Nacional da Coruña como presunto autor de matar a...

O voluntariado do Festival Mar de Mares téndelle a man ao mar

Rematou unha nova edición do Festival Mar de Mares e fíxoo co xesto máis...

Un curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Ademais da marea xerada nos últimos tempos coas carreiras populares, poucas actividades reúnen tantas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here