InicioCULTURAMáis de 30 profesionais debaterán na Coruña sobre os camiños entre lingua...

Máis de 30 profesionais debaterán na Coruña sobre os camiños entre lingua e audiovisual

Publicada o

Por editor

Medirá a Academia Galega do Audiovisual as interseccións entre lingua e audiovisual no segundo Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), baixo o título “Lingua e audiovisual”. A Cidade das TIC da Coruña acollerá, entre o 7 e o 9 de novembro, este punto de encontro para o sector que poñerá o foco na intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual.

O foro reunirá a máis de 30 voces expertas na materia, dende profesionais do guión, realización ou programación, ata da tradución e o subtitulado, xornalistas e docentes. Entre eles, Marta Cruañas, produtora en Canadá, a empresa de produción coñecida polos videoclips de artistas como Rosalía, Dua Lipa ou Aitana.

 

O Programa de FIGA é moi completo.
Os relatorios do xoves, 7 de novembro encádranse baixo o título “Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados” e, nela, abordarase o desafío de conectar cunha nova xeración de espectadores e espectadoras creando referentes visuais frescos e próximos.

Aquí, especialistas en programación, como Judith de Argila, responsable do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3Cat; Daniel Hernández, Director de Estratexia de 3Cat; Fernando Ojea, Director de Contidos da CRTVG.gal e Secretario Xeral de CIRCOM-Regional.eu; José Luis Blanco, Director de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran e Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay compartirán as súas experiencias e propostas xunto con Adrián Canoura, realizador de videoclips, cine experimental e formatos contemporáneos e Marta Cruañas, produtora no estudio Canadá.
Tamén participarán Pablo Romero, profesor de tradución e lingüística na Universidade de Vigo; Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais; María Suárez, tradutora audiovisual e Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario, músico e escritor.

A temática do venres, 8 de novembro será “Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias” na que se abordarán os desafíos que deben abordar as producións en linguas non hexemónicas, como poden ser o croata, o éuscaro ou o galego, desde a óptica dos creadores, como Dalibor Matanic, guionista e director da serie “O derradeiro artefacto socialista”; Asier Urbieta, director da serie “Altsasu”; Ghaleb Jaber Martínez, creador da serie “Motel Valkirias”; e Beli Martínez, docente e produtora en Filmika Galaika.
Tamén se contará co punto de vista da academia, coas intervencións de Fernando Redondo, investigador no Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela e Ana Viñuela, profesora de cine e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III.

O sábado, 9 de novembro, FIGA concluirá cunha xornada centrada en “Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual”. A normalización da diversidade lingüística no audiovisual precisa dun ecosistema profesional estable e, neste debate, profesionais do sector explorarán a creación de redes e iniciativas que aseguren unha produción continuada, cun impacto que trascenda ao ámbito local. Intervirán produtores como Alfonso Blanco, director de Portocabo; distribuidores como Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films e Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films; guionistas como Araceli Gonda e Pepe Coira; a intérprete Lidia Veiga; a cineasta Paula Cons; Rosa Moledo, asesora lingüística das series “Fariña” ou “El caso Asunta”; e Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes mediàtiques da Universitat Jaume I., guionista.

Máis novas

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

 

ÚLTIMAS

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Chayanne e Leiva actuarán na Coruña en diferentes espectáculos programados para 2025

Leiva actuará na Coruña o 12 de xullo de 2025, dentro da súa xira...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here