InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOSada afronta o proxecto para reducir o risco de inundación no casco...

Sada afronta o proxecto para reducir o risco de inundación no casco urbano

Publicada o

Por editor

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, mantivo este mércores unha reunión co alcalde de Sada, Benito Portela, xunto ao concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Fernando Fariña, no que abordaron os avances no proxecto de melloras estruturais para a redución do risco de inundación dos ríos Maior e Fontoira ao paso polo casco urbano da localidade.

Revisaron a área de risco potencial de inundación que Sada ten nunha lonxitude aproximada de 600 metros e coincide co tramo final dos ríos Maior (403 metros) e Fontoira (211 metros), dentro da vila. Nesta zona producíronse en 2016 unhas importantes inundacións que causaron numerosos danos materiais.

A iniciativa ten como obxectivo diminuír o risco de inundación aumentando a capacidade hidráulica do río ao tempo que se recuperan as condicións ambientais dos leitos. A través de varias accións, mellorarase a calidade ambiental das contornas fluviais ata o máximo
posible dos ríos Maior e Fontoira como hábitats naturais. Ademais, preténdese realizar unha restauración cultural fluvial que recupere os valores inmateriais dos ríos e poña en valor a presenza destes leitos na vida e na historia do municipio.

ÚLTIMAS

O cirurxián Diego González Rivas, protagonista do cuarto podcast de Rueda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha conversa co cirurxián coruñés Diego González...

Tres coches calcinados esta noite na Coruña, sen persoas feridas

Tres vehículos que estaban estacionados arderon na madrugada deste domingo na Coruña. Non houbo...

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here