InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas creará unha Rede de Centros de...

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas creará unha Rede de Centros de Interpretación

Publicada o

Por editor

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas avanza na articulación dun destino ecoturístico de calidade no territorio. Co fin de harmonizar a idea da Reserva en todo o seu ámbito xeográfico, aproveitarase as instalacións ambientais existentes para dotalas de contidos para o fío condutor de Mariñas Coruñesas.

A entidade creará así unha Rede de Centros de Interpretación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. As 12 instalacións que serán obxecto desta tematización son as seguintes

  • Aula de Naturaleza de Crendes (Abegondo)
  • ⁠Centro de visitantes – Sede de la Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (Abegondo)
  • ⁠Museo do Mar de Sorrizo (Arteixo)
  • ⁠Museo das Mariñas (Betanzos)
  • ⁠Museo do Xacemento Romano de Cambre (Cambre)
  • ⁠Sala de la Colección Museográfica del Castro das Travesas (Carral)
  • ⁠Centro de Visitantes del Río Mandeo (Coirós)
  • ⁠Jardín Botánico del Burgo – Aula de la Naturaleza Juan Lembeye (Culleredo)
  • ⁠Casa Museo María Antonia Dans (Curtis)
  • ⁠Centro Etnográfico del Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)
  • ⁠Aula do Mar (Oleiros)
  • ⁠Aula da Ría (Paderne)

A Reserva ten un concurso aberto para realizar os traballos de adaptación de cada unha das dependencias. O orzamento ascende a 236.460 euros, que se financian con fondos Next Generation no marco do Plan de Sostibilidade Turística.
As actuacións son específicas para cada un dos centros e para cada un dos temas que interpretan. Os proxectos de tematización foron consensuados cos concellos propietarios destas instalacións, así como coa Deputación da Coruña (titular dos centros de Chelo e Teixeiro).

centro Interpretacion Chelo coiros
Centro de Interpretación de Chelo

Con carácter xeral, consistirán na dotación de diversos soportes de imaxe, como placas e paneis, a instalación de expositores con material divulgativo sobre a Reserva, ou a elaboración de material audiovisual.
Nalgúns puntos elaboraranse materiais didácticos específicos. Por exemplo, en Sorrizo incluirase unha recreación do ecosistema costeiro en resina e un mural de 7 metros coas especies máis representativas; en Betanzos recrearase un stand da Feira; No Burgo e Curtis colocaranse refuxios de madeira para a fauna.

 

ÚLTIMAS

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

O Teatro Rosalía de Castro acolleu esta passada noite de mércores a gala ‘Mulleres...

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

A Coruña e o milagre dos pisos desaparecidos

Na cidade hai miles de persoas buscando casa, administracións buscando culpables e políticos buscando...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here