Paso atrás do Concello sobre o polémico proxecto de urbanización das Percebeiras. Se no pasado de outubro, o pleno aprobou unha moción do BNG a anular o planeamento actual as licencias da parcela afectada de Labañou, este xoves, no pleno ordinario do Concello do mes de decembro, refrendouse a suspensión cautelar do chamado “Plan Especial M18 Labañou”. Fíxose cos votos a favor do PSOE e o BNG, pero cos votos en contra do PP, cuio voceiro Miguel Lorenzo argumentou a súa negativa a que goberno “cambia as reglas do xogo en metade do partido”, falando como avogado defensor do fondo promotor, Metrovacesa.
O Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Fran Díaz Gallego, apuntou á necesidade “estudar a modificación do planeamento vixente e establecer unha ordenación respectuosa co medio ambiente, a costa, coas vistas da Torre de Hércules e as vivendas de María Pita” nos alrededores do sector, unha vivendas cunha moito menor edificabilidade.
O edil apuntou que a intención do Concello “non é paralizar ningún ámbito urbanístico, senón solucionar un problema que leva 8 anos paralizado”, subliñando que a previsión de vivenda protexida nas Percebeiras é dun 40%. “Con todo, entendemos que debemos minimizar o impacto negativo no territorio”, facendo alusión a un “informe municipal do ano 2021” que non se fixera aínda público, pero que “xa apuntaba á falta de integración co tecido urbano existente”. Lembrou que xa se retirou o bloque de 23 alturas, pero que “o problema vén derivado do ensanchamento dos bloques, coa perda de calidade e dimensións dos espazos libres.
O BNG loubose de conseguir esta parálise cautelar para repensar o proxecto (“Se non fose pola iniciativa do BNG no pasado Pleno, o Goberno Local seguiría sen cumprir esta parte do Acordo de Investidura”, remarcou Veira), e tanto o BNG como PSOE acusaron ao PP de engadir durante o seu último mandato a inclusión de 15.000m2 de edificabilidade.
Nova ordenanza de SITE
”Conservar a imaxe da cidade e dos barrios” é o argumento principal para a aprobación inicial da nova ordenanza de Sistemas de Illamento Térmico Exterior, coa que se busca establecer o regulamento e as condicións para intervir nas fachadas dos edificios á hora de implantar sistemas que incrementen a súa eficacia enerxética.
O texto, que xa foi validado previamente a finais de novembro na Xunta de Goberno Local, establece os requisitos específicos tanto para os edificios catalogados como para os que, pese a non estar catalogados, contan nas súas fachadas con elementos de singular protección.
Moción sobre o cárcere
O Pleno aprobou as tres mocións formuladas polo BNG, dúas delas -a relativa ao antigo cárcere provincial e ás demandas do barrio da Agra do Orzán- por unanimidade. A iniciativa sobre o impulso do galego saíu adiante cos votos favorábeis do PSOE, mais coa oposición do PP.
No que ten a ver coa antiga prisión, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instou o Goberno Local a que use a súa influencia política para lograr que o Estado renuncie á vía xudicial e se aveña a negociar co Concello.
Licitación do contrato do bus urbano
Na quenda das preguntas orais, a edil do BNG Avia Veira interpelou o Goberno Local sobre a non licitación a tempo do novo contrato do bus urbano para este entrar en vigor a 1 de xaneiro, tendo en conta que o actual caduca en decembro.
Máis novas
O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade