InicioCULTURAA mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024

A mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hai un par de meses coñeciamos que estaba nominada, pero hoxe sabemos que xa é finalista dos prestixiosos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024, premios considerados os “Goya da Educación”. Fina Paulos Lareo está xa entre as10 mellores docentes de España, na categoría de Bacharelato e Secundaria.

A mestra do IES Maximino Romero de Lema de Baio, natural de Santa Marta Babío (Bergondo), que xa recibiu o 2º premio Educa Abanca no 2019 na categoría de formación profesional, está revolucionando xunto ao seu compañeiro Óscar Rey Calo o paradigma da Intelixencia Artificial no ensino, utilizando a IA como ferramenta de motivación.

Ao coñecer a nova da súa selección como finalista, Fina Paulos expresou a emoción que sente cunha mensaxe nas redes sociais, que resume o que este recoñecemento significa para ela: “Estou inmensamente agradecida (xa o estaba por estar nomeada polo meu alumnado do Maximino Romero de Lema) porque agora demos un paso máis e xa son finalista oficial nos premios Educa Abanca, na categoría de secundaria e bacharelato a mellor docente de España. Estou entre os 10 mellores docentes do noso país e, pase o que pase na gala final, son afortunada por ter contado cun gran alumnado e magníficos compañeiros que me axudaron”.
Tamén agradece o apoio da súa familia e amigos e aos compañeiros e equipo directivo do IES Maximino Romero de Lema, que a apoiaron dende que obtivo o seu destino definitivo alí.

A docente fai extensible este logro a educación no rural onde recalca que “se fan grandes cousas que moitas veces pasar desapercibidas”.

Un libro sobre a IA

Ademais de ser unha docente comprometida e inspiradora, publicou recentemente o libro “Intelixencia Artificial para a sociedade” co apoio de Medulia Editorial, unha obra que explora o potencial da IA como ferramenta educativa e o seu impacto na sociedade contemporánea. Este traballo reflicte a súa visión transformadora e o seu compromiso por dotar o alumnado das competencias necesarias para enfrontar os retos do futuro.

Fina destaca tamén como persoa formadora de compañeiros e compañeiras no ámbito da IA e outras disciplinas xa que colabora con diversas institucións como o Centro Autonómico de Formación e Innovación e o Centro de Formación e Recursos, entidades dependentes da Consellería de Educación. Tamén colaborou con moitas entidades sen ánimo de lucro da comarca para difundir a IA entre a poboación.

Foros e premios

Nos últimos anos, Fina estivo presente en foros educativos de primeiro orde amosando a súa experiencia ós docentes: como foron o Seminario de Transformación dixital e intelixencia artificial na educación, da Organización de Estado Iberoamericanos, organización coa que colabora publicando artigos educativos e exercendo de relatora en congresos. Fina tamén participou no Congreso nacional de Escolas Rurais trasladando a súa experiencia educativa en intelixencia artificial no ámbito da aula.

A todo isto, súmanse os logros acadados por ter coordinados proxectos educativos co seu alumnado que fixeron posible levar o nome do IES Maximino Romero de Lema por toda España: Festival Plasencia en Corto, II Certame de enfermidades raras, Festival Foco, Semana de diversidade sexual de Nigrán, Primeiro e segundo premio polo fomento á doazón de órganos, convocado polo Sergas, premio OUFF Escolas, do festival internacional de cine de Ourense e o recente premio acadado con IA “Unha constitución para todos” que outorgou o Ministerio de Educación ó alumnado de 3º da ESO do seu centro, coordinado xunto con Óscar Rey.

Máis novas

Fina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024

 

ÚLTIMAS

Un equipo do CHUAC reverte por primeira vez en España unha cardiopatía fulminante nunha nena dun ano

Un equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) conseguiu reverter unha cardiopatía fulminante nunha nena...

Condenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor de 14 anos na Coruña

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por agresión...

A Cabalgata de Reis cambiará o seu percorrido inicial para evitar os lugares máis expostos ao vento

A Cabalgata de Reis da Coruña manterase o día 5, pero variará lixeiramente o...

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña

A Xunta activou desde esta madrugada a alerta laranxa por choivas no oeste da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here