InicioSOCIEDADEA mostra que recolle a creación de vínculos emocionais entre a cativada...

A mostra que recolle a creación de vínculos emocionais entre a cativada da Escoliña e os maiores da Residencia de Monte Alto

Publicada o

Por editor

Emotiva exposición a que se estreaba onte na Fundación Luís Seoane. “Recuérdame” recolle o resultado dun ano de encontros entre a cativada da Escola Infantil Municipal Luis Seoane e as persoas usuarias Residencia para Maiores Torrente Ballester, no marco do programa homónimo entre ambos centros.

Van xa moitos anos que os centros de ensino que comparten a zona do Monte Vixía (que segue esperando polo prometido parque que as una), no corazón de Monte Alto, realizan experiencias interxeracionais, con visitas polo Entroido, polo magosto, ou por Nadal, na que as crianzas amenizan coas súas actuacións a vida dunhas persoas maiores que tamén comparten as súas experiencias de vida e agarimo.

“Recuérdame” nacía no curso 2022-2023, coa intención de deixar pegada dese proceso de unión entre xeracións a través das emocións, a memoria e a convivencia con actividades mensuais conxuntas como obradoiros de plástica, música, lectura, psicomotricidade e excursións. O obxectivo é estimular a aprendizaxe e a creatividade ademais de fortalecer a relación entre xeracións, ademais da creación de vínculos emocionais entre pequenos e maiores.

Exposicion Recuerdame Luis Seoane
Concelleiras e responsables da Escoliña Luís Seoane

Como resultado, sae esta exposición de fotografías realizadas por Antía García, e nunha exposición cuio montaxe foi de María del Carmen Amarelo, na que os protagonistas son un total de 13 nenas e nenos de 3 anos, acompañados das súas familias; o persoal da Escola Infantil Municipal Luis Seoane, composto por 4 profesionais educativos e 3 membros do equipo directivo; e 11 residentes da Residencia Torrente Ballester, acompañados pola traballadora social.

A mostra estará aberta ao público na Fundación Luis Seoane ata o 13 de xaneiro.

 

ÚLTIMAS

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou a súa “preocupación e sorpresa” pola imputación...

Máis de 3.600 persoas camiñan na Coruña en solidariedade coa Asociación Española Contra o Cancro

Máis de 3.600 persoas participaron este domingo, 24 de maio, na andaina solidaria 'A...

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here