InicioBARRIOSPreguntan pola execución do Parque Vixía

Preguntan pola execución do Parque Vixía

Publicada o

Por editor

Un dos pulmóns máis importantes para o barrio de Monte Alto segue agochado no caixón. Malia levar varios anos na axenda municipal, e mesmo contar unha partida orzamentaria para este 2024 de 1,2 millóns de euros, aínda non hai movemento.

Dende que as ANPAS o presentaran nos Orzamentos participativos, e o goberno municipal como propio o proxecto e encargandollo a un grupo de investigación da UdC, o barrio agarda por esta necesaria infraestrutura de servizos. Un Parque, prometido dende 2020, que estaría situado no monte do Vixía, no cumio de Monte Alto, e que permitiría unir dous CEIP, dúas Escoliñas Infantís e un centro de maiores.

Ante a parálise do proxecto, o BNG, que puxera este proxecto como parte do acordo de investidura, presentou unha moción para preguntar pola execución do Parque no vindeiro pleno deste xoves 4 de xullo.

A concelleira Avia Veira reuníase a semana pasada con representantes das ANPAS do CEIP Torre de Hércules, CEIP Curros Enríquez e CEIP Víctor López Seoane (non puido asistir pero tamén forma parte deste grupo veciñal a ANPA do CEIP Zalaeta), para escoitar as demandas das familias, fartas de esperar por un proxecto tan necesario.

O proxecto sinala que o parque contaría con 16.000 metros cadrados, dos cales 6000 xa estarían libres e de titularidade municipal e os outros 10.000 son propiedade do Arcebispado, da Xunta de Galiza e ao Concello e estarían ocupados por colexios. É precisamente esa pista, situada entre o CEIP Torre de Hércules e a Igrexa de San Xosé, un dos puntos que provocou a división en dúas fases do proxecto, deixando as eternas negociacións co arzebispado para máis adiante.

Pista das cacas do Parque Vixia
Vistas da torre da auga do Monte do Vixía dende a abandonada pista da igrexa

Máis novas

As obras dos barrios nas que o Concello investirá 93 millóns de euros

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

ÚLTIMAS

Olladas doutro tempo: Praza de Ourense

Unha fotografía de Sellier a pé de rúa é o máis parecido a unha...

Un home enfróntase a 6 anos de prisión por abuso sexual a menor e delito continuado de ‘sexting’

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o luns, día 4, a un home...

Conclúen os traballos de restauración do monumento a Alexandre Bóveda na praza de Xosé Toubes

O Concello da Coruña concluíu esta semana os traballos de restauración do monumento a...

Homenaxe a Ánxel Casal, Fernández Flórez e Carré Alvarellos no cemiterio de San Amaro: “Construíron unha Coruña máis libre, cultural e galega”

O primeiro tenente de alcaldesa da Coruña, José Manuel Lage, presidiu este venres, Día de Todos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here