Acollía o Palacio de Maria Pita unha nova sesión plenaria, desta volta extraordinaria e urxente, fdormulado para aprobar o novo Modificativo de Crédito M6. Un modificativo xa debatido no pleno de novembro, por 10,7 millóns de euros, que foi ratificado cos votos do PSOE e do BNG, e cos votos en contra do PP.
Bus urbano
O groso do modificativo, 7,9 millóns, serán destinados a pagar as facturas polas axudas para o fomento do uso do bus urbano.
Así o lembrou o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, que criticou que a Xunta non colaborase nesta iniciativa de fomento do transporte colectivo, pola que o Concello sufraga o 50% das tarifas establecidas coa compañía de Tranvías, que utilizaron este ano a veciñanza da cidade en 27 millóns de viaxes (polos 25 millóns do ano pasado, que xa era récord).
Avanzou ademais que o Concello non subirá as tarifas do bus para o ano que vén, quedando conxeladas nas cifras actuais.
Con todo, o Concello esqueceu a renovación da concesión do servizo de transporte público, malia que levamos moitos meses falando do tema, así como a restitución do carril bus en Juan Florez e na Vedra.
O modificativo inclúe partidas para a OSG e a Escola Municipal de Música
O M6 tamén atende aos compromisos existentes para impulsar a Cidade das TIC. Concretamente, no M6 figuran 1,1 millóns para afrontar obras de urbanización xa executadas, que se suman aos 410.000 euros xa recollidos no anterior modificativo e aos máis de 600.000 euros xa aboados co mesmo fin.
A isto súmanse outros 660.000 euros en concepto de partida para dotar de máis recursos a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).
Outros 150.000 euros irán destinados ás actualizacións salariais das e dos traballadores da Escola Municipal de Música, outros 130.000 euros para a conserxería de instalacións deportivas e 360.000 euros para o funcionamento do servizo municipal BiciCoruña.
A emenda
O PP presentara unha emenda para incluír unha partida para as bolsas comedor, pero foi rexeitada tanto polo PSOE como polo BNG por considerar que debería ser responsabilidade da Xunta.
Con todo, o PP criticou que “non esteamos falando aquí dos Orzamentos porque non chegaron a tempo”, e tamén levou que estamos ante o “6º modificativo”, o que demostra unha “mala planificación” por parte do grupo de goberno, ademais de lembrar a “gravemente baixa execución orzamentaria”.
Así mesmo, dende o BNG lembraron que “se o goberno cumplise os acordos de investidura non teríamos que atender a estes Modificativos”.
Máis novas
O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade
O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade
Denuncian o esquecemento, e a perda de fondos europeos, do carril bus en Juan Florez e na Vedra