InicioMOV. SOCIAISA Rede Acampa pola Paz lamenta o pasamento do activista Carlos Reguera

A Rede Acampa pola Paz lamenta o pasamento do activista Carlos Reguera

Publicada o

Por editor

Carlos Reguera foi un dos activos fundadores da rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio, e o seu traballo incansable foi fundamental para sacar adiante cada un dos oito Encontros Internacionais organizados na Coruña. Esta semana coñecíase o seu pasamento, e por iso a rede quere lembralo agradecendo “o seu compromiso inquebrantable”.

Reguera foi militante activo da defensa dos Dereitos Humanos durante máis de 20 anos vocación humanista na que levaba militando desde que tiña vinte anos, como membro da a organización “Mundo sen guerras e sen violencia”. Foi, de feito, o organizador de dúas das cadeas humanas pola paz que xuntaron no Paseo Marítimo coruñés aos alumnos e alumnas de trece colexios da cidade.

Coidou tamén do programa “Simplemente xente” de CUAC FM, un espazo destinado a poñer en valor a diversidade cultural das persoas migrantes e transmitir a súa riqueza multiplicadora. Precisamente este programa tivo de ser suspendido onte pola súa ausencia. Reguera era ademáis corresponsal da axencia de noticias Pressenza en Galicia e a alma mater das retransmisións dos Encontros de Acampa pola Paz a través das ondas de CUAC Fm. Sempre ao quite, díante da mesa de control que a emisora instalaba na carpa dos Xardíns.

En xuño do 2025 Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio celebrará o seu noveno Encontro Internacional, centrado no “Dereito á Paz”, e de seguro que a rede o lembrará dalgún xeito.

Máis novas

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

ÚLTIMAS

Os docentes do programa de Lecer fártanse das “mentiras” municipais

Rotundos foron esta mañá os docentes do Programa de Lecer. Volveron concentrarse ás portas...

8M: A Coruña prepárase para as concentracións da MMM e do Sindicato de Estudantes

Prepárase a cidade da Coruña para as manifestacións polo 8M, Día Internacional da Muller...

ADEGA denuncia risco a sáude pública e ambiental por verteduras recorrentes no río Valiñas

Persoal de ADEGA achegouse a comprobar “in situ” a existencia desta vertedura logo das...

Traballadores que prestan servizo ao Banco Santander concéntranse na Coruña para reclamar condicións laborais dignas

Persoal da empresa Universal Support, que presta servizo para o Banco Santander, concentrouse este...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here