InicioCULTURAGalicia Magic Fest encherá o Colón de maxia estes 2 e 3...

Galicia Magic Fest encherá o Colón de maxia estes 2 e 3 de xaneiro

Publicada o

Por editor

O Galicia Magic Fest chega á súa oitava edición cun gran elenco de ilusionistas de relevancia mundial e caras coñecidas de programas como Got Talent. Os días 2 e 3 de xaneiro haberá catro sesións no Teatro Colón, ás 18.00 e 20.30 horas o xoves 2 e ás 12.00, 18.00 e 20.30 horas o venres 3.

Será unha gala internacional trepidante na que se poderán ver especialidades moi
diferentes da man dalgúns dos ilusionistas máis prestixiosos do mundo. Galicia Magic Fest
está organizado polo reputado ilusionista galego Pedro Volta, que participará no espectáculo xunto con Hakan Berg (Suecia), Trigg Watson (Estados Unidos), Lea Kyle
(Francia), Anca e Luca (Austria e Hungría) e Hun Lee (Corea do Sur).

As entradas para todas as sesións atópanse á venda a través de Ataquilla e no despacho
de billetes da praza de Ourense.

O renovado elenco de ilusionistas e magos conta con numerosos premios de prestixio
mundial e participacións nos concursos máis importantes de talento como Got Talent, nas
edicións norteamericana e sueca. Trátase dun espectáculo familiar moi consolidado en
Galicia e o número de sesións que levan a cabo convérteo nun dos máis importantes de
España de ilusionismo.

ÚLTIMAS

A Rolda da Pasaxe cortarase integramente ao corte de tráfico do 30 de marzo ao 1 de abril polos accesos ao ‘Novo Chuac’

O plan de mellora de accesos ao complexo hospitalario da Coruña (Chuac) obrigará ao...

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á...

Pontón tras a renuncia de Jorquera a repetir na Coruña: “O BNG ten un gran banco”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este xoves que a formación conta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here