InicioSOCIEDADEAlas Coruña destaca que a sentenza do caso Samuel "xere conciencia"

Alas Coruña destaca que a sentenza do caso Samuel “xere conciencia”

Publicada o

Por editor

O colectivo LGTBI Alas Coruña espera que a sentenza polo asasinato de Samuel Luiz — con penas de entre 24 e 10 anos de cárcere para os catro novos considerados culpables, un como cómplice, xere conciencia para que feitos así non volvan ocorrer.

En declaracións a Europa Press, a súa presidenta, Ana García, rexeita “celebrar as penas impostas” despois de que esta entidade exercese a acusación popular no xuízo. “Falamos de reparación aínda que os anos que pasen non van devolver a vida a Samuel, por iso é díficil valorar as penas”, aseverou.

Ademais, insiste na importancia de falar de reinserción para que cando os condenados saian — tres deles en prisión e pendentes dos recursos que como o caso do cuarto considerado cómplice presenten ou poidan presentar os seus avogados — “se poidan presentar correctamente na nosa sociedade”.

E teñan acompañamento psicosocial para que sexa así, o sistema penal e de prisións está enfocado a iso á reinserción”, incide para, a colación, remarcar o fallo “minucioso” e “fundamentado” da maxistrada-presidenta no xuízo con Tribunal do Xurado. “É unha sentenza que envía unha mensaxe moi clara, que actos desta gravidade non poden quedar impunes nunha sociedade democrática, que sirva para seguir creando conciencia e traballando para que algo así non volva ocorrer na nosa sociedade”, recalca.

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here