InicioA CORUÑAO PP considera necesario condonar a débeda do Porto e manter a...

O PP considera necesario condonar a débeda do Porto e manter a titularidade pública dos terreos portuarios

Publicada o

Por editor

Aprobaba onte a Comisión Coruña Marítima bases estratéxicas desta trascendental obra de reforma do porto interior da Coruña. Unha aprobación que realizada coa abstención do BNG, que amosaba as súas dúbidas sobre as contradicións sobre a titularidade pública de todos os terreos e a venda para a construción de vivenda e o pago da débeda polo Porto exterior.

Pola súa parte o voceiro do PP, Miguel Lorenzo, quixo destacar que o único que se leva feito na fachada marítima nos últimos 20 anos, as obras de humanización da Marina e o Parrote (terreos portuarios que pasaron a uso público) foron realizados por gobernos do Partido Popular. Destacou que aí se puxeron dacordo todas as

”O paso dado no día de hoxe establecendo liñas mestra é importante que o deamos todas as administracións xuntas”, pois falamos dun “proxecto que vai transformar a cidade nos vindeiros 20-30 anos”. Xa a semana destacaba que “As bases de Coruña Marítima son bos puntos de partida para deseñar o desenvolvemento dos terreos portuarios”.

Con todo, dexou claro que “os terreos teñen que ser públicos, ofrecer máis infraestruturas e servizos ee compatibilizando os usos portuarios que se van manter”.

Quixo poñer de relevo “a importancia da participación da cidadanía”, e puxo en valor a Comisión dirixida polo BNG invitando a ducias de colectivos sociais e económicos. “Agora temos levar todas esas actas á Comisión Coruña Marítima”, lembrou.

Lorenzo lembrou a necesidade de reformular os vixentes convenios de 2004, unida a unha débeda do Porto de máis de 200 millóns de euros, que hai que solventar. “A ver cal vai ser a estación do estado, que pode facer o mesmo que fixo en Valencia condonando a débeda”.

Lorenzo dubidou da capacidade da alcaldesa Inés Rey pasa sacar adiante semellante proxecto, por ser unha rexedora de “grandes anuncios e poucas realidades”.

Máis novas

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

O BNG abstense na votación das bases estratéxitcas Coruña Marítima ante as “contradicións” sobre titularidade pública dos terreos

ÚLTIMAS

A ARMH celebra o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto con 10 “stolperstein” e varios actos

O 27 de xaneiro Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, a Asociación...

A Marea sobre o Master Plan da reforma da fachada marítima: “Non hai quen xustifique a subasta do litoral”

O pasado venres a Comisión Coruña Marítima aprobaba as liñas estratéxicas do Máster Plan...

‘Herminia’ deixa máis de 1.200 incidencias en Galicia e segue interrompido o tráfico ferroviario e aéreo

O servizo de emerxencias do 112 de Galicia informou de que a borrasca 'Herminia'...

Piden un docente para os mozos ingresados no Teresa Herrera

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e familias de pacientes do Hospital...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here