InicioSOCIEDADEPiden un docente para os mozos ingresados no Teresa Herrera

Piden un docente para os mozos ingresados no Teresa Herrera

Publicada o

Por europapress

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e familias de pacientes do Hospital de Día de Saúde Mental Infanto Xuvenil Teresa Herrera da Coruña reclaman un docente para o mesmo. Fano, segundo informan, tras presentar este luns por rexistro oficial senllos escritos “denunciando desatención” a unha vintena de mozas “que, pola súa situación, non poden asistir con regularidade ás aulas dos seus centros educativos”.

Nun comunicado, afirman que existía o compromiso de “estudar a situación e buscar unha solución para este alumnado especialmente vulnerable, maiormente de ESO e de Bacharelato”. A este caso, sen descartar posibles accións por parte das familias, suman o desta mesma área de saúde mental do Álvaro Cunqueiro de Vigo, agrupadas na Plataforma Adolece, que “seguen reclamando a estabilidade da figura docente” xa que afirman que a educadora asignada “é temporal”.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...