InicioA CORUÑAInés Rey someterase a unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos tras...

Inés Rey someterase a unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos tras saír rexeitados do pleno

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pleno importante o que se celebra esta mañá na Coruña, coa proposta do grupo de goberno dos Orzamentos de 2025 e a emenda presentada polo PP.

Tras un longo e tenso debate, tanto a emenda como a proposta de orzamentos foron rexeitas. A emenda popular cos votos en contra de PSOE e BNG, e os orzamentos cos votos en contra de PP e BNG.

Ao remate das votacións, a rexedora sinalou que vai someterse a unha moción de confianza vinculada aos Orzamentos nun pleno extraordinario o vindeiro martes 11 de febreiro.
Isto significa que a oposición tería un mes para conformar unha alternativa de goberno, pero se non consegue chegar a un acordo para investir un novo alcalde (vai ser complicado ver ao PP e BNG chegar a un acordo), as contas serían aprobadas automaticamente.

O BNG considera que “as contas carecen de credibilidade”

O grupo municipal do BNG votou contra o proxecto de orzamentos formulado polo Goberno Local para 2025 porque “as contas non son críbeis, exclúen a participación cidadá na súa elaboración -ao non se prever a realización dos presupostos participativos- e recortan as competencias de control do Pleno”.

“Non se pode gobernar catro anos en minoría e a golpe de cuestión de confianza. Está na súa man rectificar se, de verdade, queren asegurar a gobernabilidade do Concello”, afirmou Jorquera. “Confianza é precisamente o que non inspira este proxecto de orzamentos a
ollos do BNG”, espetoulle, lembrando ademais o “baixo nivel de execución das contas de 2024, nomeadamente nos capítulos de investimentos”, en relación a obras pendentes como o mercado e centro de saúde e cívico de Santa Lucía, mellora dos centros cívicos ou de equipamentos culturais como a Domus, o Fórum ou o Rosalía de Castro, fondos para as bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea, para o Parque de Monte Martelo- desprázanse agora para as contas de 2025.

Máis novas

O PSOE presenta unha proposta de Orzamentos para 2025 que poderían depender dunha cuestión de confianza

O PP lamenta que a proposta de orzamentos para 2025 inclúa a subida de impostos a pesar da baixa execución

 

ÚLTIMAS

A incansable loita contra as cabichas nas praias

Continúa o proxecto Entre Crebas loitando contra o lixo mariño nos nosos areas. A...

A Coruña, pioneira no estudo e abordaxe da asma

Especialistas do Instituto Nacional de Asma Grave (INAG) alertaron desta doenza cunha prevalencia no...

Sumar invita a Inés Rey a presentarse polo PP tras amosar o seu apoio ao novo proxecto de universidade privada

A responsable comarcal de Movemento Sumar Galicia na Coruña, Trinidad Palacios, vén de manifestar...

Ferida unha muller ao caerlle unha uralita dunha obra na rúa Real

Unha muller resultou ferida ao caerlle un panel dunha obra na rúa Real na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here