InicioSOCIEDADEXulgan a cinco persoas por agredir e abandonar espido a un home...

Xulgan a cinco persoas por agredir e abandonar espido a un home nun descampado da Zapateira por unha débeda

Publicada o

Por europapress

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o luns, día 10, un xuízo por lesións, detención ilegal e roubo con violencia polo que están acusadas cinco persoas, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). No seu escrito de cualificación fiscal, sostén que sobre as 23.00 horas do 10 de xuño de 2020, nas inmediacións do parking do centro cívico da Sardiñeira, na Coruña, “nunha actuación conxunta por unha débeda económica agrediron a un home, ao que lle propinaron puñadas” chegando unha das acusadas “a golpealo cunha tubaxe de cobre ou obxecto semellante”.

“Instantes despois introducírono en contra da súa vontade nun vehículo e levárono a un descampado” na Zapateira “onde tras golpealo de novo, dixéronlle que se espise e descalzara e deixárono alí abandonado, levándose con eles a roupa e o calzado, ademais do seu teléfono móbil”. Os obxectos subtraídos foron valorados en 170 euros. Polos delitos que lles imputa, coa agravante de abuso de superioridade e o de reincindencia nalgún dos acusados, o Ministerio Público pide penas que suman seis anos e nove meses de prisión.

ÚLTIMAS

“A nova concesión das escolas infantís fragmenta o modelo educativo e afonda na externalización”

Tras críticas do BNG, tamén o movemento Sumar A Coruña vén de cuestionar unha...

O convulso retorno do Dépor a Primeira

A estrea en Riazor ante o Elxe estivo marcada polos colapsos nas taquillas, as...

Reclaman solucións para a “presión asistencial” no Chuac mentres a xerencia di garantir a atención en “tempo e forma”

O Sindicato de Técnicos en Enfermaría (SAE) esixiu á xerencia da área sanitaria da...

O festival Beatout acolle unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais

Unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais participan na Coruña no festival 'Beatout',...