InicioA CORUÑAA cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

A cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse esta mañá o pleno extraordinario no que a única moción era a Cuestión de Confianza vencellada á aprobación da proposta de Orzamentos para 2025 por parte do goberno socialista. Unha ferramenta legal que permitíu volver a votar a proposta rexeitada a pasada semana, e ademais, de ser rexeitada, abre un prazo dun mes para que a oposición conforme unha alternativa de goberno, e no caso de non ser posible, aprobaría esa proposta automaticamente.

A cuestión foi rexeitada cos votos en contra dos dous grupos da oposición, ratificada co voto nominal de cada un dos edís . Non cederon PP nin BNG á “apelación de responsabilidade” que pediu ao principio Inés Rey, que quixo intervir por primeira vez en moitos plenos. A rexedora argumentou que “de non saír aprobada a cuestión de confianza os grupos da oposición o único que conseguirían é retrasar a posta en marcha dos Orzamentos”, evitando facer autocrítica e recoñecer a falta de diálogo coaoposición e a falta de concreción dos acordos asinados na súa investidura.

A alcaldesa criticou tamén aos que poñen en dúbida “criticando os discursos que sinalan que este goberno non é lexítimo porque non é a lista máis votada”, en clara crítica a ese discurso dos populares que “poñen en dúbida os mecanismos e a lexitimidade democrática”.

Con todo, o BNG deixou claro que non vai aprobar unha moción de censura que invista ao PP, polo que de aquí a un mes, o Concello terá aprobados os orzamentos de 2025.

O BNG: “Seguirá gobernando como se tivese maioría absoluta?”

Francisco Jorquera BNG no pleno Coruna
Francisco Jorquera

A primeira intervención da oposición foi de Francisco Jorquera. O voceiro do BNG deixou claro que o seu grupo non ía votar a favor da cuestión de confianza, “porque vostede perdeu a confianza polos incumprimento conqueridos co BNG, no que xa dimos conta da aprobación inicial dos orzamentos”. Aludiu ao “papel clave que a cidade lle outorgou a cidadania nas pasadas eleccións municipais, para chegar a acordos, pero tamén para que os acordos non se convirtan en papel mollando, sendo firmes”.

Lembrou que “a cuestión de confianza é un mecanismo legal pero excepcional”, que só pode ser presentar vinculada a certos asuntos, que só se pode presentar unha ao ano e que non se pode presentar no último ano de lexislatura. “Que vai facer o goberno municipal? Seguir gobernando como se tivese maioría absoluta?? Ou cambiará e terá disposición ao diálogo e cumprirá os pactos”, preguntou Jorquera, lembrándolle á rexedora que “foi electa alcaldesa froito dun pacto”.

Na súa segunda intervención, Jorquera fixo fincapé nas razóns polas que nunca aprobaría unha moción de censiura que investira unha candidatura liderada polo PP (Lorenzo tendeu a man a Jorquera=, sinalando as diferencias nas distintas formas de entender a cidade facendo alusión ás políticas que realizou o goberno popular de Carlos Negreira en materia de transporte público, vvienda ou políticas sociais.

Tamén recoñeceu os “esforzos” do PSOE para volver achegarse ao BNG, como a suspensión da licenza das percebeiras, a ordenanza das VUT, “uns esforzos que chegaron moi tarde, cando lle viron as orellas ao lobo”. “Se a alcaldesa quere recuperar a nosa confianza, só ten que facer dúas cousas: cumprir os compromisos que asinaron PSOE e BNG, e cambiar o xeito de gobernar, deixar de gobernar como se tivese maioría absoluta”.

O PP: “Ante a alcadesa que non cumple, non podemos darlle a nosa confianza”

Miguel Lorenzo en pleno PP COruna
Miguel Lorenzo

Miguel Lorenzo concordou con Jorquera nas súas “duras criticas”, lembrando que a rexedora está en minoría, lembrando “falta de diálogo, que fai que nin nos saudemos á entrada do pleno, e sobre todo pola falta de execución”. Criticou tamén a falta de concreción dos compromisos, lembrando as 22 aprobadas por unanimidade no pleno presentadas por PP que non foron levadas a cabo”.

Lorenzo lembrou que non se aprobou a emenda presentada polo seu grupo, que non se aprobou a baixada de impostos que pediron os populares
política de vivenda nos últimos 5 anos.
contratos con concesións caducadas

”Ante a alcadesa que non cumple, non podemos darlle a nosa confianza”, concluíu o voceiro popular tras oír “o lamento” da rexedora.

Lage Tuñas recoñece a crítica do BNG

Lage Tunas en pleno PSOE COruna
Lage Tuñas

O voceiro do goberno socialista, recoñeceu tomar nota á “crítica dura pero construtiva” do BNG de cumprir os acordos , e mesmo a porta a volver a mesa de diálogo co BNG, para conseguir acordos como o da ordenanza das VUT.

Non foi tan “positivo” co voceiro do PP, criticando que non hai “alternativa” máis alá da “crítica”.

Máis novas

Inés Rey someterase a unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos tras saír rexeitados do pleno

ÚLTIMAS

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración co Concello, realizaron...

O Ministerio de Medio Ambiente comprométese a renovar o paseo marítimo do Burgo afectado polo dragado

O Ministerio de Medio Ambiente comprometeuse a realizar unha renovación integral do paseo marítimo...

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

Despois do éxito do festival polo Día dos Medios en Galego celebrada no Playa...

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Arrincou a nova edicion do Proxecto Entre Crebas este pasado 5 de febreiro. Esta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here