InicioBARRIOSA praia de Santo Amaro, un pouco máis limpa gracias aos internos...

A praia de Santo Amaro, un pouco máis limpa gracias aos internos do CIS

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta pasada semana o colectivo Mar de Fábula coordinou a segunda limpeza deste 2025 da praia de Santo Amaro, no marco do proxecto Entre Crebas. As protagonistas, as salvadoras, as 14 persoas residentes no CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña, que acompañadas por dúas funcionarias e dous membros de Mar de Fábula, realizaron unha completa recollida de refugallos do areal herculino.

Despois dun ano limpando, concienciando e integrando no areal das Lapas, onde só a Torrre lles facía compañía, na praia de San Amaro fican como espidos, á intemperie, na area dunha especie de circo romano rodeados de construcións, de xente paseando, de runners e olladas distraídas, que se preguntan que fai ese grupo de persoas limpando unha praia. Certo que apenas unha persoa parou para se interesar polo que facían, pero de seguro que co paso dos meses serán moitas máis as que se animen a baixar o lombo e botar unha man.

A xornada de limpeza foi importanta, recollendo 350 residuos en apenas unha hora: 21 refugallos da actividade pesqueira: 130 anacos de plástico; 96 anacos poliestireno; 5 toalliñas de papel; 82 cabichas e 14 bastonciños de algodón. Todos residuos coas súas historias singulares.

Un areal diferente

O que si que notaron é unha caída importante no número de residuos recollidos con respecto á limpeza do mes pasado, algo que non acontecía no areal da Torre, que sofre unha contaminación crónica, moi siñificativa, de numerosos residuos de vidro e cerámica produto de antigos vertedoiros que en San Amaro non é o caso.
Ademais, dende Mar de Fábula destacan que “outro factor determinante é unha dinámica do litoral diferente. O Areal da Torre é unha praia aberta ao océano e San Amaro é unha praia aberta ao interior da ría.
Por último, notaron a práctica ausencia de liñas de marea nesta praia de San Amaro, moi alterada no seu espazo intermareal polas pegadas da xente, en contraste coas liñas de marea ben definidas, de lixo mariño mesturado co argazo no areal da Torre, case inalteradas.

Máis novas

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

Entre Crebas, integrando dende o lixo plástico

 

ÚLTIMAS

PP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno local da Coruña

A dimisión de onte da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas Noemí Díaz, sumada á...

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita,...

Piden 29 anos de cárcere para o home que encaixou tres veces o seu coche contra un bar dos Mallos

A Audiencia da Coruña xulgará a partir do próximo martes, día 30, ao home...

A soprano María Luisa Nache será homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2027

A soprano coruñesa María Luisa Nache, unha das grandes voces galegas do século XX,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here