InicioSUCESOSING devolve case 4.000 euros a u nha socia a quen lle...

ING devolve case 4.000 euros a u nha socia a quen lle roubaron o cartón bancario

Publicada o

Por monchomarino

Facua Galicia conseguiu que ING reembolse a unha socia os 3.990 euros que lle subtraeron da súa conta a través de retiradas en efectivo e compras non autorizadas co cartón bancario que lle roubaron mentres se atopaba de vacacións.

Nun comunicado, Facua explica que esta veciña da Coruña estaba a pasar uns días de descanso co seu esposo en Burgos, en agosto de 2023, cando lle roubaron o bolso na cafetaría dun hotel. Tras decatarse do furto, o marido realizou a primeira chamada ao banco para comunicar o ocorrido e pedir a suspensión dos cartóns. A xestión non se puido finalizar porque pedían unhas claves de acceso para autenticar o trámite que tiñan que chegar ao teléfono móbil que tamén fora roubado.

“O home realizou outras seis chamadas minutos despois, aínda que todas elas sen éxito. Sempre aparecía unha mensaxe que facía referencia a unhas claves ás que non tiñan acceso. En ningún momento puido establecer conversación cunha persoa para avisar do ocorrido. Sempre saltaba o mesmo mensaxe gravada. Fartos da falta de solucións por parte de ING, chamaron á súa filla para que fose presencialmente á sucursal da Coruña e comunicar o problema. Pouco despois devolveulles a chamada e díxolles que, supostamente, os cartóns xa foran bloqueadas”, relata Facua. No entanto, aínda foi necesaria outra comunicación máis posterior para bloqueo de cartóns e contas.

En total, foron roubados 2.490 euros de retiradas en efectivo, sumado a compras non autorizadas por importe de 1.500 euros. “A suma do diñeiro que me subtraeron a través de diferentes operacións ascendía a 3.990 euros”, lembra a afectada.

Tras presentar denuncia ante a Policía, a afectada fixo unha reclamación a ING pedíndolle a devolución do diñeiro que lle subtraeron sen o seu consentimento. A resposta do banco foi que “relegaba de toda responsabilidade argumentando que o titular do cartón ten a obrigación de adoptar as medidas de precaución necesarias para a súa custodia e a da súa clave de seguridade”, explica Facua, polo que aseguraba que non ía facerse responsable das operacións fraudulentas.

Despois dunha segunda negativa por parte da entidade financeira, a afectada decidiu acudir a Facura, quen interpuxo unha queixa ante o Banco de España polo ocorrido, ademais de dar traslado a ING.

Finalmente, ING atendeu á reclamación presentada pola asociación de consumidores en representación de María.

ÚLTIMAS

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia recorre ante o TSXG a ordenanza que regula o sector na Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola...

O BNG ofrece diálogo para negociar o orzamento de 2026 na Coruña: “A pelota está no tellado do PSOE”

O grupo municipal do BNG do Concello da Coruña fixouse como obxectivo constituírse como "alternativa...

A Coruña ponse de cine: Do Festival Lóstrego a un “cancelado” Intersección

Ponse de cine estes días a Coruña con dous festivais moi singulares. Por unha...

Bandas históricas do pun estatal comparten protagonismo coas bandas locais no Flores Rock 

O Barrio das Flores vivirá esta fin de semana unha nova edición do festival...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here