InicioSOCIEDADE#NonCalarás: Un roteiro para lembrar ás mulleres da cidade

#NonCalarás: Un roteiro para lembrar ás mulleres da cidade

Publicada o

Por editor

Este sábado 8 de marzo, a partir das 12 h, a AC Alexandre Bóveda, en colaboración co teatro Noite de Bohemia, o Grupo de Gaiteiras Non fagas ruído e a pandereteira e cantareira de Cerqueda Icía Varela, realizarán un percorrerdo pola Pescaría na procura da pegada das miles de mulleres anónimas que co seu traballo abriron unhas portas que non se van volver pechar…

O roteiro “Non calarás” sairá da Praza de Pontevedra, diante das Escolas da Garda, porque aí estivo o lavadoiro do Caramanchón que perviviría até que en 1896, e Carmela Galego e Patri Angulo lembrarán ás lavandeiras da zona.

Despois, na Praza de Santa Catalina, Cristina Villar, vicerreitora de Igualdade da UDC lembrará ás Irmandiñas.
Xa na Rúa Mantelería. Lolecha Rodríguez Morás, cigarreira, contará historias das mulleres nas fábricas, as tecedeiras, cigarreiras, misteiras.

No Obelisco, toca lembrar os traballos do porto: peixeiras, cargadoras, mandadeiras… A encargada será a mariscadora Teresa Ramiro.
Na traseira do Teatro Rosalía, na Mariña, lembrarán a revolta das mulleres, cunha Peza de Noite bohemia da man de Isabel Risco
E xa na Praza dos ovos, Isabel Villalba, secretaria do SLG, lembrará ás labregas

A Deputación da Coruña conmemora o 8M cun encontro sobre “retos e resistencias” das mulleres migrantes

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

A Coruña e o milagre dos pisos desaparecidos

Na cidade hai miles de persoas buscando casa, administracións buscando culpables e políticos buscando...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here