InicioCULTURAO Entroido de Samede revive o rural

O Entroido de Samede revive o rural

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Marabilla ver como as aldeas do noso rural están recuperando os entroidos ancestrais que foron arrasados pola época franquisca. Polas terras do Xallas temos aos Ben Vestidos e Varridoiros de San Xoán de Grixoa; ou pola banda de Bergantiños temos lonxevos exemplos de recuperación como os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda (Malpica) ou o recén recuperado Antroido do Burro de Valenza de Coristanco.

Ben parecidos aos Madamitos e Ghuadineros cerquedáns son os Bonitos e as Bonitas, as Máscaras e os Carolos do Entroido de Samede. Un Entroido que está sendo recuperado neste lugar do Concello de Paderne (comarca de Betanzos), dende hai 10 anos pola Asociación CRD Entroido de Samede coa axuda da A.C. Son D’aquí, de Monte Alto, onde xa se viviu a semana pasada unha previa escolar.

Persoeiro do Entroido de Samede
Persoeiro do Entroido de Samede

Este domingo, as aldeas da parroquia de San Xulián de Vigo que coliden con Samede (ou San Amede como lle chaman tamén pola zona) gozaron do desfile de Bonitos, Máscaras, Carolos, e tamén dos Vexigueiros, os Demos, e os demais persoeiros que están rescatando dende o lugar que formaban parte daquel mítico entroido que só lembraban as máis maiores do lugar.
Espectaculares os traballados disfraces feitos con peles, madeiras, vimbio e demais materiais orgánicos (ou convertindo latas de conservas en chocas), con persoeiros como o oso ou o xabarín que facían as bromas a todos os despistados.

Persoeiro do Entroido de Samede 1
Persoeiro do Entroido de Samede

Despois do desfile, o comitiva xa fixo parada e fonda na carpa, onde comezaba, primeiro co baile infantil e despois co de adultos, a Muiñeira Cruzada. Un baile recuperado tamén e que te que ten un punto moi singular.
As xentes do lugar engalanadas cos seus traxes brancos con cinchas de cores, e sombreiros cheos de plumas, gozaban da tradición, ao igual que as ducias de persoas chegadas dos arredores, de Coruña, pero tamén de Portugal (un bus de maiores visitou a festa) e mesmo unha expedición búlgara, país co que o Entroido de Samede está irmandado.

Muineira Cruzada do Entroido de Samede
Muiñeira Cruzada do Entroido de Samede

A carpa quedou pequena e os tickets de churrasco tamén para acoller o fervedoiro de cultura e gañas de festa que había despois deste exercicio necesario de recuperación dun entroido ancestral, e de rescate, ao mesmo tempo, do noso rural.

Máis novas

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

 

ÚLTIMAS

Padre Rubinos, Aspronaga, AECC, Fundación Hospitalarias, POIG e Fundación Érguete, recoñecidas nos Premios Sociais da Deputación

A Deputación da Coruña entregou esta tarde a quinta edición dos Premios ás Boas...

O conto do rei nu

Este ano foi a primeira vez que participei como nominado na vixésimo cuarta cerimonia...

Caamaño&Ameixeiras únense a Xoel no San Xoán que abre o Noites do Porto

Continúa collendo forma o programa especial para a Noite de San Xoán no escenario...

O Porto da Coruña aproba o traslado definitivo de toda a actividade de Repsol a Langosteira

O consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña aprobou esta mañá a modificación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here