InicioECONOMÍAO sector ecolóxico galego fai un balance positivo da feira BioCultura A...

O sector ecolóxico galego fai un balance positivo da feira BioCultura A Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O recinto de EXPOCoruña acolleu durante esta fin de semana a sexta edición da versión galega da feira BioCultura A Coruña 2025., convertíndose no epicentro da produción e do consumo ecolóxico en Galicia. 

Case 14.000 pasaron pola feira para gozar dos postos de alimentación, cosmética, textil, artesanía… para aprender nos singulares talleres formativos e para degustar as creacións máis innovadoras.

Todo ademais cun “feedback” moi positivo o recollido en cada posto, que deixa ademais a porta aberta a que o consumo ecolóxico e o ecoturismo sigan medrando. “Queda moito por facer”, sinala Ángeles Parra, directora da feira, que destaca o éxito de actividades, como o Festival de Ioga do Noroeste, o Día da Nutrición, Saúde e Natureza ou as infinitas propostas do showcooking ecogastronómico e o showroom da Plataforma EcoEstÉtica…

BioCutura Coruna talleres

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, CRAEGA, AGACAL, Deputación da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, concello, Turismo Coruña, Clúster de Turismo de Galicia, Deputacións de Lugo e Ourense, entre outros.

Biocultura Coruna gastro

SECTOR ECOLÓXICO ATLÁNTICO

Segundo os últimos datos do GRAEGA, o sector ecolóxico galego conta xa con 46.967 ha (datos de 2023). A estas alturas, debe haber preto de 50 mil hectáreas. O sector ecolóxico galego ten dous polos territoriais moi diferenciados: a provincia de Lugo é a que leva o peso da produción con 478 operadores; e a provincia de Pontevedra é o que máis leva a industria, con 140.
En canto ao consumo, A Coruña é a xoia da coroa. Por iso, segundo explica María José González, responsable do Departamento de Promoción da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, “BioCultura A Coruña é un bo escaparate para este sector da produción ecolóxica certificada que achega aos consumidores un produto diferenciado coa garantía da etiqueta CRAEGA”. A feira acolleu a un gran número de produtores galegos que presentaron ao público un sinfín de produtos ecolóxicos de exquisita calidade: algas, mel, lácteos, carnes, verduras, ovos, froitas, conservas, herbas medicinais e infusións… que, segundo Mª José González, “contan coa garantía ecolóxica que ofrece o organismo certificador en Galicia, o CRA”.

 

 

View this post on Instagram

 

A post shared by BioCultura ® (@biocultura)

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here