InicioCAMBREAs traballadoras municipais de Cambre: “Todo mal”

As traballadoras municipais de Cambre: “Todo mal”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A ritmo de muiñeira concentrábanse esta mañá e por segunda vez dende o pasado mes, as empregadas e empregados municipais do Concello de Cambre. Como levan tempo denunciando, criticaron “a situación precaria e insuficiente” que sofren, e que lles obriga a “esixir solucións urxentes”.

Mentres piden a creación da máis que necesaria Relación de Postos de Traballo, critican a falta de solucións despois de 3 anos de negociacións co actual goberno municipal.

Apoidas polos sindicatos CSFI, UGT, CIG e CCOO, denuncian a “escaseza extrema de persoal municipal que impide a xestión e o facer do día a día”, o a ”fuxida de empregadas e empregados públicos cara a outras administracións nas que podan exercer todos o seu dereito á mellora laboral e á carreira profesional”; a “non cobertura durante longos períodos de tempo das vacantes derivadas das incapacidades temporais e das xubilacións, co incremento de traballo que isto supón entre o resto de persoal”; a “bbstaculización do exercicio do dereito da carreira profesional a través da implantación dun sistema de recoñecemento da carreira profesional para as persoas traballadoras do Concello de Cambre”; así como “graves incumprimentos en materia de saúde laboral (o persoal municipal do Concello de Cambre leva dous anos sen realizar a vixilancia da saúde, obrigatoria por lei).

Piden ademais a “valoración de postos de traballo (a actual é do ano 1999) máis xusta e actualizada ás actuais cargas de traballo”.

Máis novas

Os traballadores públicos de Cambre din BASTA!

 

ÚLTIMAS

Román Rodríguez pide “transparencia e responsabilidade” á UDC na súa xestión económica

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, pide "transparencia e responsabilidade"...

Convocada folga na hostalaría na provincia da Coruña o día da eclipse

CIG, CCOO e UGT denunciaron a "situación de bloqueo" da negociación do convenio colectivo...

Música, raíces e tradición na Romaría de Santa Margarida

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este mércores unha nova edición da Romaría...

Reflota o corpo da balea varada en Sabón

O corpo da balea que apareceu varada o luns na praia de Sabón, en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here