InicioA CORUÑAProtesta de policías e gardas civís na Coruña contra a cesión de...

Protesta de policías e gardas civís na Coruña contra a cesión de competencias a Cataluña en migración

Publicada o

Por europapress

Policías nacionais e gardas civís secundaron unha protesta ante a Delegación do Goberno en Galicia no marco dunha mobilización a nivel estatal e en rexeitamento á cesión de competencias a Cataluña en materia de migración. Tamén para reclamar “mesmo traballo e mesma xubilación” que outros corpos policiais.

Fixérono unha trintena de persoas ante a sede deste organismo na Coruña, coa lectura dun manifesto e con pancartas nas que se podía ler ‘Pola seguridade de todos, non á cesión de competencias’, ‘Somos os peor retribuídos‘, ‘Mesmo traballo, mesma xubilación’ ou ‘Sánchez véndenos, Marlaska escóndese’.

Trátase dunha convocatoria promovida pola Plataforma por unha Xubilación Digna e a plena Equiparación para rexeitar o acordo con Cataluña ao entender que “vai en contra da Constitución”. E é que para os convocantes “un corpo policial autonómico non pode nin debe arrogarse as funcións asignadas ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

É escenificar publicamente o malestar de policías nacionais e gardas civís, non somos cromos para conseguir os apoios lexislativos necesarios do Goberno”, sentenciou o secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia, Roberto González. “Compromete a seguridade nacional e levanta un muro con Cataluña nunha materia moi sensible“, apostilou para asegurar que suporá “criterios diferentes” nesta comunidade autónoma á hora de conceder permisos de estranxeiría.

ÚLTIMAS

Córdoba e A Coruña enfrontan no Senado os seus plans de vivenda: aumento de oferta fronte á intervención do mercado

A  alcaldesa socialista da Coruña, Inés Rey e o alcalde 'popular' de Córdoba, José...

O 6 de xuño, nova mobilización polo dereito a unha vivenda e contra a especulación

A Plataforma polo Dereito á Vivenda, o Sindicato de Barrio Os Mallos Falperra e...

O Ministerio para a Transición Ecolóxica recibe un premio polo dragado ambiental da ría do Burgo

O Goberno central iniciou unha serie de actuacións na ría do Burgo co obxectivo...

Novas consideracións sobre o impacto visual do proxecto urbanístico do Parque de Oza 

Segue perfilándose a silueta de cemento que sobrevoará o Parque de Oza. Hai novidades...