InicioBARRIOSA Asociación de Profesionais da Xestión Cultural critica que a reurbanización dos...

A Asociación de Profesionais da Xestión Cultural critica que a reurbanización dos Cantóns afecta á zona de carga do Teatro Colón

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa o denunciaba o BNG esta semana, despois do comezo das obras de reurbanización dos Cantóns. “O proxecto elimina a zona de carga e descarga dos teatros Colón e Rosalía, unha área de servizo imprescindíbel para estes equipamentos culturais tan importantes na nosa cidade”, sinala o grupo da oposición en relación á nova liña de árbores que se instalará na rúa Manuel Casás.

A esta queixa súmase a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural que vén de rexistrar no Concello un escrito apuntando o que entenden como “un grave erro por descoñecemento dos equipos de urbanismo/arquitectura do que supón para un teatro como o Colón a súa Area de Carga e descarga para poder realizar un espectáculo en condicións dignas para persoal técnico e artistas”.

”Non buscamos ningún tipo de polémica, simplemente que sexan conscientes de que están xerando un grave problema para, por citar un exemplo, que espectáculos como o musical Chicago coa súa gran montaxe deixen de facerse no Colón. É incompatible con ducias de autobuses e miles de usuarias ao días na mesma rúa. E un perigo real de accidente. Son vehículos grandes en moitas ocasións que teñen que circular marcha atrás. E que ao longo do día dun evento é frecuente que vaian chegando diversos vehículos a horas diferentes (montaxe, técnicas, artistas convocados a diversas horas)”, explican.

A entidade lembra ademais que “a delegación de RTVE en Galicia vaise trasladar ao edificio de Correos e tamén que as persoas que usan a diario o edificio de Correos para os seus envíos vaise atopar cunha rúa colapsada polos buses metropolitanos e os seus usuarios”.

Máis novas

Así será a reurbanización dos Cantóns

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here