InicioA CORUÑAAs salvadoras do CEIP Sagrada Familia comproban o problema que xeran as...

As salvadoras do CEIP Sagrada Familia comproban o problema que xeran as toalliñas húmidas na praia do Orzán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este pasado martes, a praia do Orzán recibía a visita de 70 escolares (de 9 anos) e 5 profes de 3º de primaria do CEIP Sagrada Familia. Acompañados pola Asociación Mar de Fábula (co apoio da Deputación), especialistas en limpezas de areais, protagonizaban unha completa limpeza do areal herculino.

Se dende arriba parecía bastante limpo, a sorpresa levárona as crianzas cando foron debullando a cantidade de lixo que había entre o algazo, nunha liña de marea quechegara, cos últimos temporais, ata o propio muro do paseo marítimo, deixando grupos de conglomerados con pouca materia orgánica e moito residuo.

Mar de Fabula e CEIP Sagrada Famila

Había lixo de todas as cores e materiais, destacando a cantidade de toalliñas húmidas presentes. “Temos un problema enorme ca eficacia das depuradoras, pero como é un problema xeral, de toda España, parece que o problema é menor. Pero se non hai vontade de solucionar as EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais), polo menos, Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico , fagan campañas, informen á sociedade de que NADA, con excepción das 3Ps (pis, papel e popó), deben ser botados polo retrete”, explicaron os membros da entidade medioambiental.

En total, recolleron en apenas unha hora de traballo 55kg de lixo, e ademais de deixar máis limpo o areal viviron unha xornada de concienciación que seguramente non se lles vai esquecer na vida. “Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta”, sempre recorda a entidade.

Tras a limpeza, a familia de Már de Fábula até o centro de ensino para a realización do obradoiro artístico con plásticos reutilizados de anteriores limpezas.

Mar de Fabula e CEIP Sagrada Famila

Máis novas

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Cambre dimite despois dun ano á fronte do consistorio

A alcaldesa de Cambre, María Pan, de Unión por Cambre, anunciou a súa renuncia...

Concentracións da CIG en Atento para protestar pola deslocalización dos centros de chamadas

Representantes da CIG secundaron senllas concentracións este martes, na Coruña, para denunciar a "política...

Traballadoras de residencias privadas realizarán protestas na Coruña antes da folga do 10 e 22 de abril

As traballadoras das residencias privadas de maiores intensificaron este martes as protestas na Coruña...

A lusofonía une a poesía africana de Ondjaki coa galega de Sechu Sende

Luns poético o que viviu a cidade onte, pola mañá no IES Rafael Dieste,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here