InicioOLEIROSOleiros estreou en Santa Cruz a nova rúa Yasser Arafat

Oleiros estreou en Santa Cruz a nova rúa Yasser Arafat

Publicada o

Por editor

Este domingo o Concello de Oleiros celebrou a inauguración da rúa Yasser Arafat en Santa Cruz. O acto contou coa participación de numerosos veciños e veciñas, así como dunha representación importante de cidadáns palestinos que sufriron nas súas propias carnes as bombas e os ataques do exercito isaraelí.

Na súa intervención, o alcalde gabou a figura de Yasser Arafat como un home de paz, un loitador pola liberdade do seu pobo, recoñecido internacionalmente co Nóbel da Paz ou co Princesa de Asturias.

Pero tamén aproveitou para volver a denunciar a masacre perpetrada polo Goberno de Israel en Gaza e Cisxordania e lanzou unha mensaxe de esperanza e optimismo dicindo que “o pobo palestino nunca desaparecerá, na súa patria ou na diáspora, seguirá reclamando o seu dereito a vivir en paz na súa terra ata conseguilo”, dixo.

 

Pola súa parte, o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, felicitou ao alcalde por ter tomado esta decisión de dedicarlle unha rúa á figura de Yasser Arafat, un líder palestino que, segundo apuntou, será lembrado historicamente como o Premio Nobel da Paz de 1994, a pesar de que a ansiada paz nunca chegou a Palestina.

Jaber Ibrahim coñeceu persoalmente a Arafat, que mesmo foi unha das grandes personalidades que se aloxaron nos anos 90 no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago, propiedade do empresario palestino. “Arafat desenvolveu unha profunda conciencia política e social, en parte pola Nakba vivida polo pobo palestino a mediados do século XX e, por suposto, pola súa experiencia persoal de mozo, cando fuxiu ao Cairo coa a súa familia. Tivo unha vida marcada polo exilio, o desprazamento, a loita armada, a diplomacia e as tensións internas, así como polo profundo anhelo de regresar sempre a Palestina. O seu legado é un reflexo da loita incansable dun home que dedicou a súa vida a lograr a independencia e a autodeterminación do seu pobo” –expuxo–.

Inauguracion da rua yassef arafat de Oleiros

A rúa inaugurada hoxe responde a unha nova configuración de viario, realizado con pavimento de formigón e lastro para a zona peonil, e un deseño pensado para velocidades inferiores a 20 km/h, seguindo as tendencias urbanas máis avanzadas.

O trazado sinuoso da calzada responde aos criterios de pacificación do tráfico, que recomendan evitar ao máximo as liñas rectas, co obxectivo de manter a atención da persoa que conduce, incidindo así no papel de deseño na conducta viaria das persoas que camiñan e que conducen.

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here