InicioA CORUÑAA mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Histórica manifestación este sábado 5 de abril a celebrada na Coruña no marco do movemento estatal “Acabemos co negocio da vivenda”. Convocada na cidade polo Sindicato de Barrio da Falperra/Os Malllos da Revolteira, a mocidade respondeu enchendo os Cantóns, a Mariña e María Pita. Porque se ben houbo xentes de todas as xeracións, entre elas moita xente maior que seguramente ten o problema da vivenda máis solventado, principalmente foi a mocidade a que protagonizou esta mobilización que ten un lema claro: “A vivenda é un dereito, non un negocio”.

Manifestacion Vivenda Coruna 2

A manifestación partiu do Obelisco, rodeou as obras da Mariña e chegou ata María Pita, ao son de berros (liderados en todos os casos por mulleres aos megáfonos) como “Ser rentista non é un profesion”, “Expropiación, a solución, sen indemnización”, “Folga, folga, folga de aluguer”, ”Os nosos barrios non se venden, se defenden”, “Desokupa, Ilegal”, “Que pasa, que pasa, que non temos casa” ou “O pobo ten dereito a ter traballo e teito”, dando boa conta do sentido da mobilización.

Manifestacion Vivenda Coruna. 4

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Non quedaron impunes os bancos (tamén se cantaron “Os bancos rouban, a Xustiza colabora” e “Desafiuzamento para os banqueiros”) sinalados como principais culpables da crise da vivenda xunto cos fondos boitres e os multipropietarios. De feito, os panfletos informativos ubicaban nun mapiña sedes dos bancos e de empresas vinculadas á crise (de desokupación, de alugueres curtas, promotoras de vivendas de luxo…)

Colectivos como o Sindicato de Estudantes, Podemos, a Plataforma Galega pola Vivenda Xa, o Movemento Galego en defensa do sistema público de pensións, secundaron e puxeron cor coas súas pancartas e bandeiras, para deixar claro que a sociedade está en absoluto desacordo coa suba desorbitada dos prezos dos alugueres, o auxe dos pisos turísticos, as dinámicas especulativas e, en definitiva, o tratamento da vivenda como ben de mercado.

Manifestacion Vivenda Coruna rentistas culpables

O emprobecemento das familias traballadoras, a precariedade son algunhas das principais críticas que se fan ao modelo inmobiliario capitalista, deixando claras as demandas xenéricas dos colectivos sociais arredor do movemento acabemosconelnegocio:

  • Redución e control dos prezos dos alugueres.
  • Regulación e limitación dos alugueres turísticos.
  • Recuperación das vivendas baleiras para uso habitacional.
  • Freno á compra especulativa de vivenda.

Galería

Máis novas

Cinco voces, ducias de argumentos para acodir á manifestación “Acabemos co negocio da Vivenda”

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

O Pleno tamén aproba a Ordenanza para regular as Vivendas de Uso Turístico

 

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

 

ÚLTIMAS

O Mostrart da Coruña, artesanía “made in Galicia” fronte a productos baratos e importados

A artesanía galega vive un bo momento en canto a número de artesáns e artesás,...

Berros de “Incompetencia” e “Rueda dimisión” enchen o Obelisco

Nun Obelisco tinguido de negro, centos de persoas berraron ao unísono “Lumes nunca máis”....

A revolta obreira das cigarreiras de 1857, este domingo nun espectáculo musical da Banda Municipal da Coruña e Cántigas da Terra 

Fermosa a iniciativa de recuperar a historia da revolta obreira das Cigarreiras ás portas...

A veciñanza de Celas segue a súa loita polas beirarrúas na AC-400

A veciñanza de Celas segue a súa loita polas beirarrúas na AC-400, no treito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here