InicioECONOMÍAA Xunta deixa en mans do Goberno Central as axudas aos mariscadores...

A Xunta deixa en mans do Goberno Central as axudas aos mariscadores do Burgo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Reuníanse os representantes da Confraría, os mariscadores da Ría do Burgo e os sindicatos coa a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, para intentar avanzar na aprobación de axudas ata que os bivalvos acaden tamaño comercial e sexa posible retomar a actividade marisqueira na zona.

Pero se atoparon cunha postura firme da Consellería do Mar, que segue poñendo a pelota no tellado do goberno central, ao que acusa de facer unha “fuxida para adiante” e non asumir as consecuencias da “chapuza” da dragaxe da ría, deixando nunha situación moi grave a 70 familias.

A realidade é que o informe elaborado pola asistencia técnica da confraría sinala numerosas deficiencias na execución da obra que sinala que 24 dos 27 bancos marisqueiros quedaron en peor estado respecto ao inicio dos traballos.

A representante autonómica subliñou que a situación actual non é froito de actuacións de rexeneración da ría (limpeza, traslado o sementado) senón que a causa da paralización da actividade marisqueira é unha dragaxe, “que nada ten que ver co anterior”. Ademais, recalcou que o cese da actividade abarca ata que o bivalvo poda ser extraído con talla comercial, “algo que non parecen comprender en Madrid”.

Deste xeito, o Goberno galego lembrou que a súa única acción foi o envío unha carta á Secretaría de Estado de Medio Ambiente a finais de xaneiro reclamando o abono das compensacións aos profesionais afectados pola obra sen recibir resposta algunha ata hoxe.

 

 

ÚLTIMAS

A folga dos sanitarios afronta a segunda xornada un 70% de seguemento segundo O`Mega

Ademais do colapso que vive o CHUAC, a folga convocada polo sindicato O'Mega chega...

Investigan ao condutor dunha furgoneta por circular a 185 km/h na AP-9 á altura de Abegondo

A Garda Civil de Tráfico denunciou a un condutor que foi detectado circulando nunha...

O colectivo de Vítimas do Franquismo da Coruña urxe a retirar a Manuel Fraga a distinción de fillo adoptivo

O colectivo de Vítimas do Franquismo da comarca da Coruña demandou ao goberno local...

Unha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o...

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here