InicioA CORUÑAA Xunta calma a polémica e asegura esperar ao informe técnico para...

A Xunta calma a polémica e asegura esperar ao informe técnico para declarar A Coruña como mercado tensionado

Publicada o

Por europapress

Facíamos onte un repaso ás leas partidistas entre goberno local (PSOE) e Xunta (PP) arredor da calificación da Coruña como Zona de Mercado Tensionado de Aluguer. Esta mañá, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, rexeitou que exista “polémica” co goberno local da Coruña en relación á forma na que se lle notificou que debía facer “correccións” no documento sobre a petición de declaración da cidade como mercado tensionado.

A preguntas dos xornalistas, con motivo da súa asistencia ao comezo das obras de construción de vivendas de promoción pública en Xuxán, ratificou que “en principio parece” que a cidade “cumpre os requisitos” para a citada declaración, pero remitiuse ao que conclúan os técnicos unha vez que se envíen á Administración autonómica os aspectos requiridos.

“Os nosos técnicos traballan de forma áxil”, sentenciou sen concretar datas sobre cando podería tomar a Xunta a decisión. Mentres, sobre as declaracións da rexedora socialista, Inés Rey, criticando a actuación da Consellería en relación á forma en que se solicitaron os cambios — sostivo que o goberno local decatouse primeiro pola prensa — defendeu o labor do departamento autonómico.

Respecto diso, reiterou que a Xunta considera que este tipo de declaracións de mercado tensionado son unha “medida intervencionista, que limita o mercado do aluguer”, pero engadiu que no caso dos concellos que o soliciten e “cumprimenten o que está establecido” declararase como tal.

Á súa vez, o concelleiro de Urbanismo do Concello da Coruña, Francisco Dinis Díaz Galego, eludiu entrar “en polémicas” sobre cando se remitiu o documento solicitando correccións e limitou os requirimentos a cuestións de “mero trámite”. “Remitirémolo o máis axiña posible para que sexa declarado o máis axiña posible”, engadiu sobre a petición de mercado tensionado.

A declaración de zona tensionada volve tensar as relacións partidistas

ÚLTIMAS

Concentración na Coruña por un convenio e salario “xusto” para a hostalaría

Decenas de traballadores e traballadoras concéntranse este xoves na Coruña convocados polos sindicatos CCOO,...

O mítico Concurso de Tortilla do Castrillón terá 44 aspirantes

A Sagrada Familia e o Castrillón collen o relevo das Festas dos barriuos esta...

O Concello de Oleiros non pagará á empresa da recollida do lixo polos incumprimentos

Xa avisaba o Concello de Oleiros das infraccións da empresa concesionaria da recollida do...

As boas cifras do Viñetas desde o Atlántico

Rematou o Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que este ano tratou de...