InicioPOLÍTICAA declaración de zona tensionada volve tensar as relacións partidistas

A declaración de zona tensionada volve tensar as relacións partidistas

Publicada o

Por europapress

Non hai asunto que implique ás administracións local e autonómica que non sirva para leas partidistas. O proceso para catalogar a cidade da Coruña como Zona de mercado tensionado de aluguer está sendo outro lamentable exemplo, mentres a sociedade sae á rúa para demandar medidas concretas.

O Concello enviaba a comezos de ano un informe coa petición formal á Xunta para que sexa esta a que declare a cidade como zona tensionada, e tras varios meses de análises, a semana comezaba co ente autonómico criticando “erros de bulto” na documentación presentada polo goberno local.

Non tardou en responder á rexedora socialista que denunciou que á Xunta “popular” de “torpedear” o proceso sinalando que o Concello non recibira ningún requerimento.

Volvía responder, horas máis tarde a Consellería de Vivenda negando a obstaculización do procemento, e sinalando que si enviaran requerimentos ao Concello.

Aproveitaba o PP a coxuntura para meter máis leña no lume. “Para abordar o problema da vivenda, necesitamos un goberno municipal serio, non de chiste que estrague as demandas da zona tensionada”, lanzaba hoxe o edil popular Roberto Rodríguez. “Inés Rey sempre bota a culpa a un terceiro, neste caso a Xunta e o PP, a partir dun imaxinario boicot ideolóxico. Non é ideolóxico dicirlle que o seu expediente é un traballo maldito e indigno dun concello como o da Coruña”. “Como malos estudantes, Inés Rey chega desprevenida para os problemas da cidade, e a vivenda non é unha excepción. Acabamos de velo coa solicitude de zona de alta presión, que presentou de forma desordenada e a instancias da súa compañeira ante un débil goberno en minoría”, espetou.

Acusacións que a rexedora Inés Rey respondía esta mañá, sinalando que apenas foron “cuestións de forma” as correccións demandadas pola Xunta ao consistorio. A preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa que ofreceu para informar os asuntos aprobados na Xunta de Goberno, confirmou que recibiron o requirimento, pero lamentou o que considerou “un espectáculo non edificante” despois de asegurar o martes que se decataron pola prensa das demandas feitas pola Consellería de Vivenda.

“Imos mandar todas as comas e os puntos do documento”, aseverou para pedir á Xunta “un pouco de altura política” e de “lealdade institucional” ao entender que, antes de que transcendese nos medios de comunicación, debían de habelo comunicado ao consistorio.

“Esperamos que, efectuadas as precisións, declárese A Coruña como zona tensionada”, apostilou para manifestar que o que se piden son cuestións como “cambiar vivenda protexida e pór vivenda protexida de titularidade pública”.

As novas da tensión

A Xunta rexeita a petición de zona tensionada da Coruña por “erros de vulto” na documentación

 

Inés Rey acusa á Xunta de querer “torpedear” medidas a prol da vivenda na Coruña

Vivenda nega “obstáculos” na tramitación da Coruña como zona tensionada

A loita organizada contra o negocio da vivenda só acaba de empezar

ÚLTIMAS

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos...

Repsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización dos peiraos coruñeses

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron un acordo para completar o traslado...

Nova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo “maioritario” que deixa por centos de viaxeiros en terra

Unha nova xornada de folga afecta este venres ao transporte de viaxeiros interurbano por...

O voceiro do PP na Coruña reafírmase no “acoso” a funcionarios: “A alcaldesa debe pedir perdón”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ratificouse...