InicioDEPORTESLucas e a nova dimensión

Lucas e a nova dimensión

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Lucas, Lucas, Lucas, Lucas…..levamos unha morea de días falando, escribindo e escoitando o nome de Lucas por todo tipo de medios. É incrible a repercusión que tivo esta volta do neno de Monelos a Riazor, só entendible pola dimensión do club, moi por encima da dimensión do equipo. Esta diferencia deberíamola ter clara os deportivistas: club e equipo non son o mesmo. Club fai referencia á afección, á historia, ós éxitos e fracasos, fichaxes, polémicas, rivalidades… todo isto por riba de dirixentes, xogadores e adestradores que en cada momento formen ó equipo.

A chegada de Lucas abre unha nova dimensión para este Depor. Non só ó Depor, senón tamén á competición de 1ª RFEF. Poderiamos falar dun Depor antes de Lucas e dun Depor despois de Lucas. O domingo enchían Riazor 23.745 persoas, a venta de camisetas de Lucas non parou dende o anuncio da fichaxe, hai máis socios… todo cambia. O equipo xogará a outra cousa porque Lucas o permite. A súa taxa de erro está moi por debaixo da media da 1º RFEF, o que lle concede unha maior pegada ó equipo, algo que viña sufrindo.

O reforzo mental para o resto de xogadores é tremendo porque eles mesmos atopan nel ó líder que necesitan.

E como afeccionado, podo dicir que esta historia de Lucas é a historia que sempre soñamos vivir, a situación que sempre quixemos que se dera cun dos nosos, unha verdadeira excepción neste fútbol negocio: pagar do teu peto para xogar na 2ªB co equipo das túas cores, baixando dous niveles competitivos. Lembrade isto á hora de nomear ídolos deportivistas.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

Segue aquí os resultados das Eleccións Xerais do 29N nos Concellos da comarca da Coruña

Aquí podedes seguir os resultados das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026,...

O Concello propón unha nova adxudicación das Escolas infantís ante as críticas da oposición e das xestoras actuais

Segue dando tumbos o polémico concurso da xestión das 8 Escolas Infantís Municipais. O...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...