InicioSOCIEDADEO Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o...

O Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o seu “informe desfavorable” e que decide a Xunta

Publicada o

Por europapress

Ministerio de Educación sostén que a comisión delegada do Consello Xeral de Política Universitaria (CGPU) emitiu en marzo do pasado ano un “informe desfavorable” sobre a nova universidade privada que Cesuga planea na Coruña, aínda que a Xunta tería a potestade lexislativa de decidir se vai ou non para diante. Fontes do Ministerio consultadas por Europa Press indicaron que o pronunciamento desfavorable no marco do Consello Xeral de Política Universitaria concretouse “con sete votos en contra e sete abstencións, incluída a do responsable autonómico de Universidades”.

Tras este informe, o Ministerio entende que non ten “trámites” pendentes, e que é a Xunta, segundo a lei vixente, a que terá que adoptar unha decisión en relación a se autoriza a universidade. O informe da CGPU, aínda que é preceptivo, non é vinculante, e segundo indica o departamento estatal, comunidades como Canarias, Andalucía ou Madrid deron pasos nos últimos meses para impulsar proxectos que lexislen novos centros deste tipo aínda co informe en cuestión en contra.

A XUNTA, CAUTA, SI VE NECESARIA “UNHA ACLARACIÓN” DO MINISTERIO

Con todo, esta mesma semana, preguntado sobre a posible creación da universidade privada Emilia Pardo Bazán, impulsada por Cesuga, o conselleiro de Educación, Román Rodíguez, si consideraba que era necesaria “unha aclaración” por parte do Ministerio e mostrábase cauto sobre a posible decisión da Xunta. “Celebramos que haxa unha iniciativa, pero todas teñen un procedemento”, manifestou.

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...