InicioDEPORTESMaristas rozou a epica

Maristas rozou a epica

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Menuda fin de semana para a familia de Maristas. O equipo colexial desprazábase a Vilagarcía de Arousa para disputar a fase de ascenso a toda unha Liga Challenge, a segunda división do baloncesto feminino estatal. E o equipo de Fer Buendía fixo soñar a toda unha envorcada afección que encheu o pavillón Sara Gómez, e que fixo vibrar ás xogadoras.

A fase comezaba con vitoria o sábado e derrota do sábado. O gordo chegaba na mañá do sábado, cando tras unha tremenda remontada, o equipo gañaba 53-58 a Mataró e conseguía meterse na finalísima.
Comezaban ese terceiro partido da fase moi mal as herculinas, cheas de nervios e imprecisións, chegando a estar 30-8 abaixo. Pero pouco a pouco, foron collendo peso na pista, confiando nos sistemas traballados, e cunha Solo Amusan espectacular (21 puntos) e unha Raquel Botana moi firme (12 rebotes e 5 asistencias), o equopo acabou meténdose na final.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Esperaba o Logroño na gran final. Vilagarcía ruxía, pero o equipo non puido. Aguantou, sempre a remolque, nun partido moi igualado ata o último cuarto, cando un 6-17 acabou decantando a balanza para o Bosonit Unibasquet que vencía por 49-62, sen desmerecer a hisstórica campaña das colexialas. Notaron, iso si, o esforzo dos 5 días de competición as herculinas.

Cómpre destacar o esforzo do club para afrontar unha fase coma esta que apesar de ser preto da casa necesitou tirar de axenda para conseguir a colaboración, neste caso de Resonac, para afrontar o gastos da fase.

Máis novas

O Basquet Coruña deu un triste adeus á ACB

ÚLTIMAS

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here