InicioCULTURAChayanne chega este domingo ao Coliseum co seu agardado reecontro co público...

Chayanne chega este domingo ao Coliseum co seu agardado reecontro co público galego

Publicada o

Por Ángela Precedo

A xira internacional de Chayanne recala esta semana en Galicia cunha cita moi especial: o seu reencontro co público galego no Coliseum da Coruña. A cidade acollerá este domingo 18 de maio a única parada na comunidade do circuíto ‘Bailemos Otra Vez’, unha das grandes xiras internacionais do ano, que está a levar ao artista portorriqueño por nove cidades españolas tras o seu exitoso paso por América Latina e Estados Unidos.

Catorce anos despois do seu último concerto en Galicia, Chayanne volve aos escenarios do país cunha proposta escénica de gran formato. Sobre as táboas do Coliseum despregará máis de dúas horas de espectáculo con banda en directo, corpo de baile e unha produción audiovisual de primeiro nivel, deseñada para emocionar a todas as xeracións.

O repertorio combinará algúns dos seus maiores éxitos —‘Torero’, ‘Lo dejaría todo’, ‘Un siglo sin ti’, ‘Y tú te vas’-– con temas do seu novo álbum como ‘Bailemos Bachata’, nun percorrido musical que pon en valor a traxectoria dun dos artistas latinos máis influentes do mundo. Con máis de 50 millóns de discos vendidos e galardóns como o Billboard ou o Grammy Latino, Chayanne converteu cada unha das súas xiras nunha celebración compartida co seu público.

O concerto da Coruña non só supón un reencontro emocional cos seus seguidores, senón tamén un novo impulso á programación musical da cidade. A cita conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, unha iniciativa que promove a chegada de grandes xiras nacionais e internacionais ás cidades galegas, consolidando o papel de Galicia como destino cultural e musical de primeiro nivel.

Nesta nova etapa sobre os escenarios, Chayanne volve mirar a Galicia coa complicidade de quen regresa a un lugar coñecido. A súa visita á Coruña non só recupera unha historia compartida co público galego, senón que suma un novo capítulo á traxectoria dun artista que fixo do directo unha dos seus acenos de identidade.

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here