InicioA CORUÑAE a Casa Cornide segue sen abrir

E a Casa Cornide segue sen abrir

Publicada o

Por editor

A Xunta xustifica a existencia dun litixio coa familia Franco que impide maior afluencia á Casa Cornide. A deputada nacionalista Mercedes Queixas preguntou este mércores na Cámara Galega sobre as accións que leva a cabo a Xunta para garantir a apertura ao público da Casa Cornide. Foi o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o encargado de responder, facendo un repaso pola situación á que se enfronta o inmoble, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Neste punto amparouse Queixas, que cualificou de “tomadura de pelo á cidadanía” o peche da Casa Cornide, a pesar de que pola súa condición de BIC os propietarios do mesmo teñan que permitir un acceso mínimo de catro días ao mes. Bota de menos, comentou, un “pronunciamento público contundente” por parte do Goberno a este respecto.

Anxo Lorenzo defendeu a actuación da Xunta, pero puntualizou que actualmente existe un litixio en marcha, que arrincou en 2024 cando os propietarios da vivenda alegaron que a utilizaban habitualmente, algo que non coincidía coa valoración dos técnicos de patrimonio, que apuntaron que non había mobles. En xuño de 2024, incóase un procedemento sancionador á familia por incumprir o recolleito na lexislación, que se salda cunha infracción leve, que leva unha sanción dunha multa de 3.000 euros.

VISITAS GUIADAS

Os propietarios presentaron recurso de alzada a esta decisión, agora en estudo. A pesar disto, en novembro de 2024 presentan unha proposta de visitas e a dirección xeral dá conformidade para que sexan guiadas, de luns a xoves e de 9 a 13 horas, en catro quendas de visita con cinco persoas máximo por quenda.

Xa este ano, no mes de abril, os propietarios envían un escrito alegando que a normativa que obriga a permitir as visitas “non di que teñan que ser eles os que asuman os custos”. A dirección xeral de Patrimonio responde este mesmo mes de maio que, en base á normativa, é “obrigación inherente á condición de propietario e que a lei non atribúe á administración estes gastos”.

ÚLTIMAS

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

CCOO, CGT, CIG e UGT, así como o Sindicato de Estudantes apuran a Folga Xeral por Palestina

Por fin parece que os sindicatos unen forzas para facer presión contra o xenocidio...

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

"As bases estratéxicas non parten dun consenso previo coa cidadanía, polo tanto deberían...

O Concello presenta aos hostaleiros a proposta de nova ordenanza municipal de terrazas incluíndo o redeseño das de María Pita

O Concello da Coruña avanza na súa folla de ruta para actualizar a normativa municipal de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here