InicioA CORUÑAO TSXG confirma a legalidade da demolición de dous edificios na Coruña...

O TSXG confirma a legalidade da demolición de dous edificios na Coruña e Oleiros

Publicada o

Por editor

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala a legalidade de duas actuacións urbanísticas polémicas na Coruña e en Oleiros. Trátase, por unha banda da resolución da xunta de goberno local da Coruña de maio de 2023 na que se outorgou á comunidade de propietarios dun edificio de San Roque de Fóra licenza urbanística de obras de demolición e reconstrución para a legalización do inmoble e o cambio de sistema de cooperación por expropiación para axilizar a demolición dun edificio en Oleiros-

En concreto, a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do tribunal desestimou o recurso interposto por unha particular contra o auto do Xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña que deu por executada a sentenza do TSXG que declarou ilegal a licenza do inmoble coa execución do proxecto aprobado polo Concello. A sala indica que a parte recorrente “non dá argumento suficiente que acredite que o acto municipal de maio de 2023 non se axuste ao ordenamento xurídico”, pois “simplemente refire ser ditado en fraude de lei e, en consecuencia, contrariando o fallo da sentenza”.

Engade que, con todo, estase “ante un novo acto que permitirá a adecuación do edificio á normativa urbanística vixente”, á vez que resalta que non se constata que “se dirixa a eludir o fallo”, senón a “efectuar obras de demolición e reconstrución a fin de poder ser o edificio legalizado”.

Pola súa banda, a sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considerou xustificadas as “razóns de urxencia e necesidade” que o Concello de Oleiros esgrimiu para cambiar o sistema de cooperación polo de expropiación para proceder á demolición, xa prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), dun edificio situado no inicio da estrada de Mera.

A modificación, segundo consta na sentenza, ten como obxectivo “paliar a desproporción das cargas e beneficios que suporía continuar co sistema de cooperación, cuxo canle non leva a unha solución satisfactoria”. No fallo, a Sala explica que o Concello decidiu adquirir os aproveitamentos urbanísticos do POL-4 Santa Ana, entregando a cambio aos titulares de terreos e edificacións aproveitamentos urbanísticos equivalentes no SUD-2, “o que supón o cambio do sistema de cooperación ao de expropiación, formulando o pago en unidades de aproveitamento equivalentes no ámbito do SUD-2”.

Este cambio, tal e como destacan os maxistrados, foi realizado debido a que “os custos eran moi elevados para os propietarios, polo deber imposto pola PXOM de proceder á demolición do edificio”.

ÚLTIMAS

Paraugas e sinaturas para quecer a manifestación polos Murais de Lugrís

Contan as horas as entidades da cidade máis preocupadas polos murais de Urbano Lugrís...

Acusan ao xigante téxtil Jevaso de consentir “un modelo laboral baseado no abuso e a violación da lei”

Non decae a tensión laboral en Jevaso. O xigante téxtil de Arteixo, despois das...

Comezou o xuízo polo crime de Yoel Quispe: as acusacións ven intención de matar e as defensas piden absolución

O xuízo pola morte de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos falecido tras...

Lucía Veiga e Luz Casal, primeiras protagonistas das Festas de María Pita

Conta atrás para o verán, e para as Festas de María Pita. O 1...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here