InicioCULTURA“Galego por diante”: A camiseta do verán

“Galego por diante”: A camiseta do verán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”.

Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que poñer por diante todo.

Falamos cun dos promotores, Enrique Sáez, que lucíu o lema, con gran aceptación, polas rúas de Compostela, dando conta da “gran preoupación que existe no país pola nosa lingua, que vai esmorecendo de vagar”. Con todo, recoñece a importancia de saír á rúa a manifestarse: “Isto vale para reivindicar o uso dunha lingua que é parte da alma do noso pobo, e que ademais serve para falar con medio mundo. Hai que facer moitas máis cousas pero manifestarse sempre está ben”.

Enrique Saez coa camiseta Galego por Diante na manifestacion das Letras Galegas 2

  • Como nace esta camiseta?

Trátase dunha iniciativa dunha pequena asociación do galegoportugés (DGAP), que pensamos a finais do ano pasado que había que facer algo. Empezamos a deseñar primeiro un lema, “Galego por diante”, porque o lema é importante. Hai que pedir, reinvidicar, esixir pactos políticos, pero todos os que sentimos isto temos que poñer o galego por diante e comezar a falalo sempre. Gustaríame que os políticos falasen en galego nas tribunas, e que cando entraras nunha oficina pública, nos falaran en galego. Pero polo camiño hai moito que facer.
Gustaríame que a mocidade levase este lema posto este verán, porque obrigaría a pensar algo máis aos responsables políticos que temos”.

Unha vez tivemos o lema, o deseño chega gracias a un gran deseñador gráfico xubilado, que colaborou de balde coa iniciativa. Nas costas leva unha nube de países nos que se fala galego versión portuguesa.
Ademais, a través dunha empresa comprometida, temos confirmadas unhas boas condicións de produción, o que permite que todas as Asociacións poidan participar na súa distribución.

  • Como é iso?

Temos unha camiseta cunha declaración, temos un bo deseño, temos un prezo razoable, pero ademais é que calquera tipo de asociación ou entidade dedicada á cultura, de festas, deportivas… pode comprar directamente ao fornecedor, ao mesmo prezo que o fai DGAP, pois isto non é un negocio para a Asociación. É algo que compre facer para que os galegos nos sintamos máis preto da nosa lingua. Canta máis xente entre na distribución e na venda máis lonxe chegará a mensaxe.

Así, a través de galegopordiante.gal calquera entidade pode recorrier cos datos da empresa fornecedora, que ten o pacto de manter os prezos, e facer encargas mesmo co logo da propia entidade, ou variando as calidades.

 

Outras novas

O IES Rafael Dieste segue facendo historia da normalización co II Festival #Aquítaménsefala

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

ÚLTIMAS

Reciben o alta hospitalaria catro do seis feridos nun atropelo múltiple no centro da Coruña

Catro dos seis feridos nun atropelo múltiple no centro da cidade herculina foron dados...

Nova vida para o esqueleto dos Rosales

O Concello outorgou a licenza que permitirá recuperar o esqueleto urbanístico da rúa Emilio...

Adxudicados os traballos de renovación da pasarela entre estacións

A Xunta de Goberno aprobou onte a adxudicación  das obras de renovación da pasarela...

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here