InicioSOCIEDADECondutores do bus metropolitano piden baños públicos nas cabeceiras de liña

Condutores do bus metropolitano piden baños públicos nas cabeceiras de liña

Publicada o

Por editor

O Comité de Empresa de Compostela S.A (Grupo ALSA), a través da UXT, quere denunciar o abandono que están a sufrir os traballadores/as por parte dos Concellos da Coruña e os da súa Área metropolitana.

O deterioro dos baños situados nas plataformas da estación de autobuses da Coruña é tremendo (portas rotas, cortes de auga, avarías…), sendo o único espazo onde poden parar a facer as súas necesidades.

Ante esta situación, por un lado piden que os baños que están situados na plataforma sexan reparados e de uso exclusivo para condutores/as porque dispoñen dun tempo limitado (minutos) dado que se atopan realizando o roteiro e non poden esperar a que queden libres.

Así mesmo, solicitan formalmente a cada Concello a instalación de baños públicos nas cabeceiras das Liñas, unha necesidade básica que se volve aínda máis urxente co crecente número de mulleres condutoras no sector. Municipios como Sada dispoñen dunhas instalacións que perfectamente poderían ser utilizadas polos compañeiros/as, pero as condicións de insalubridade nas que se atopan demostran unha falta total de interese polo consistorio.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

A Coruña demostrou este mércores 21 de outubro que Galicia é un bo muro...

Moverse na aula favorece a resposta do alumnado con TDAH

Esa é a conclusión á que ten chegado Carlos Iván Blanco Casal, profesor do...

Un pequeno grupo provocou altercados na Coruña ao remate da manifestación contra “a represión policial” nos disturbios tras o acto de Abascal

As protestas convocadas na tarde deste mércores na Coruña en contra da "represión policial"...

A teima metropolitana

Cando o servizo que presta o transporte público non é o que precisa o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here