InicioCAMBREEn marcha a rodaxe dunha curta herculina sobre abuso sexual infantil

En marcha a rodaxe dunha curta herculina sobre abuso sexual infantil

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta semana, está desenvolvéndose en varios barrios da cidade, en Bergondo e na Facultade de Dereito (entre outras localizacións), a rodaxe de “Una muñeca vestida de azul”, unha curtametraxe de temática social que aborda con sensibilidade e firmeza o abuso sexual infantil.

Trátase dun proxecto de Traballo de Fin de Grao de tres estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña: Alba Gilda (directora), Daniela Calvo (produtora) e Alejandro Añón (deseño de produción e dirección de fotografía). Os 3 cambreses, co apoio de Cristóbal Añón, que xa coñecemos doutros proxectos, están lanzando esta “proposta cinematográfica que busca crear conciencia, abrir conversacións necesarias e dar visibilidade a unha realidade que segue sendo silenciada”.

Alejandro Anon Alba Gilda e Daniela Calvo de Una muñeca vestida de azul
Alejandro Añón, Alba Gilda e Daniela Calvo

Completan o equipo novos profesionais con experiencia no sector audiovisual, así como exalumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, que achegan o seu coñecemento e compromiso a unha produción que combina formación académica e sensibilidade social.

O elenco actoral conta con figuras destacadas do panorama audiovisual galego, como Fernando Morán, Iolanda Muiños e Xulio Abonjo, xunto a Maruxa Vázquez, Daniella Rio, Adriana Morais e Triana Campos.
Ademais, numerosas empresas galegas quixeron apoiar esta iniciativa, achegando o seu granito de area para facer posible a rodaxe: Candeas, Froiz, Segurlain, As Puntadas, Bescal, Florería Magnolia Concept, Florería Alba, Estilo gráfico, Rotumax, Filamento e Undodez, entre outras.

Rodaxe na Facultade de Ciencias da Comunicacion da UDC de Una muñeca vestida de Azul 2
Foto da rodaxe

A curta narra a historia de Olivia, unha nova marcada pola perda da súa irmá Candela e polos silencios que rodean o seu pasado. Dez semanas despois da traxedia, os recordos e os pesadelos que a atormentan
empezan a cobrar un novo sentido. No corazón da historia, unha boneca esquecida simboliza a infancia arrebatada e o lazo irrompible entre dúas irmás.

 

Máis novas

O thriller herculino e en galego “Somnia”, finalista do festival de curtas de Xixón

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here