InicioCULTURAQuevedo estará por partida dobre no Coliseum da Coruña en setembro

Quevedo estará por partida dobre no Coliseum da Coruña en setembro

Publicada o

Por editor

Quevedo realizará unha segunda data na Coruña no marco da súa xira ‘Buenas Noches Tour’, tras esgotar a primeira con máis de cinco meses de antelación. Este novo concerto será o 27 de setembro e as entradas saen á venda este mércores ás 15.00 horas, na plataforma entradas.com.

Desta forma, o Coliseum da Coruña acollerá o novo espectáculo do canario durante dúas noites consecutivas. Estas serán as únicas actuacións que faga o artista este ano no noroeste peninsular en 2025. ‘Buenas Noches Tour’ arrincou en febreiro en Madrid, onde o artista canario esgotou as entradas do Movistar Area tres días seguidos. Esta vez, Quevedo presenta un espectáculo en formato 360º, cunha produción de alto nivel.

Os concertos anunciados na Coruña son, de momento, a antepenúltima e penúltima data da xira en España, que terminará en Valencia en outubro. O segundo directo anunciado en Galicia conta, ademais, co apoio da Xunta, no marco do ciclo Concertos do Xacobeo, e coa colaboración do concello.

ÚLTIMAS

“Que pasa, que pasa? Que non teño casa!”

Centos de persoas percorreron esta mañá de sábado 6 de xuño as principais arterias...

A Xunta estuda encapsular os murais de Lugrís mentres non se desbloquea a rehabilitación do inmoble da rúa Olmos

A apenas 2 días da manifestación ”A Coruña pola beleza. Deixade pasar as ondas...

Máis dunha decena de asociacións veciñais integran a nova Xunta Directiva da FAVA

Este pasado venres, no local da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e...

O Festival Mar de Mares enche de natureza a fin de semana

Xa está en marcha o fermoso Festival Mar de Mares. Nesta XIII edición, o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here