InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODeclarada firme a multa de 3.000 euros da Xunta aos Franco por...

Declarada firme a multa de 3.000 euros da Xunta aos Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

Publicada o

Por europapress

A multa de 3.000 euros imposta pola Xunta de Galicia aos Franco por non abrir ao público a Casa Cornide, situada na Coruña, nos días establecidos, foi declarada firme. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Cultura despois de que se resolvese o recurso presentado pola familia do ditador. Agora notifícaselles a decisión e ponse fin á vía administrativa.

O escenario que se abre é ou ben que paguen a sanción imposta ou se non están conformes poden recorrer á vía xudicial, no ámbito contencioso-administrativo. Os Franco, propietarios dun inmoble polo que o Concello da Coruña xa iniciou actuacións para recuperalo para o patrimonio público –como se fixo no seu momento co Pazo de Meirás–, están obrigados a abrila ao público catro días ao mes despois de que fose declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

Ao non facelo, foron sancionados pola Xunta con 3.000 euros de multa, unha decisión que a familia do ditador recorreu e que agora foi declarada firme. Todo iso despois de que, previamente á sanción, os Franco non atendesen aos requirimentos feitos para a apertura do inmoble. A Casa Cornide pasou a mans dos Franco tras unha poxa gañada por Pedro Barrié de la Maza que cedeu na década dos sesenta o inmoble á esposa do ditador, Carmen Polo, aínda que antes fora patrimonio municipal e estatal.

ÚLTIMAS

O CEIP Concepción Arenal acolle este martes o peche reivindicativo do ensino público galego

En outubro o profesorado realizaba un peche en protesta polo mal estado de saúde...

Fracasa a mediación no conflito do transporte e mantense a folga indefinida na Coruña

A reunión fixada para este luns entre sindicatos e patronal, con mediación do Consello...

Arquivada a causa polo disparo policial que causou a morte dun home no Coruña en Nadal de 2023

O Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretou o sobresemento libre "por concorrer...

O Concello da Coruña e a UDC selan o acordo para rehabilitar tres edificios da Cidade das TIC

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC),...