InicioCULTURAA provincia da Coruña pon en valor o traballo realizado polas persoas...

A provincia da Coruña pon en valor o traballo realizado polas persoas con discapacidade a través dunha mostra fotográfica

Publicada o

Por europapress

A Deputación da Coruña e Cegasal (Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro) deron comezo este luns no Teatro d Beneficiencia de Ortigueira a unha mostra fotográfica itinerante que visibiliza a realidade laboral das persoas con discapacidade.

Trátase dunha exposición obra do fotógrafo coruñés Diego Silva, que percorreu durante dous anos e medio os centros especiais de emprego da entidade para plasmar coa súa cámara a actividade diaria destes profesionais.

No acto, Formoso expresou a “grande admiración” que dixo sentir polo traballo de entidades como Cegasal ou Cogami e destacou a súa “capacidade de incorporar ao mundo laboral a tantas persoas, durante tantos anos e en distintos sectores, sen ningún tipo de discriminación, dunha maneira realista, con integración real nos mercados, con calidade e nas mesmas condicións que o resto”.

“É de admirar o seu crecemento e a maneira sensible co que o fan, sabendo ler as necesidades do futuro e sabendo encaixar todas as pezas”, relatou.

A exposición, que estará ata o 24 de xaneiro en Ortigueira, desprazarase a outras localidades como Carballo, A Pobra do Caramiñal ou Arteixo. A mostra está composta por 24 imaxes e máis de 24.000 palabras para “sacar do silencio a capacidade laboral das persoas con discapacidade“.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...