InicioDEPORTESUn curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Un curto pero vibrante domingo de Deporte na Rúa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais da marea xerada nos últimos tempos coas carreiras populares, poucas actividades reúnen tantas familias arredor do deporte como o Día do Deporte na Rúa. Un evento que cada ano se fai máis curto, pero que serve para que moitas crianzas descubran novos desafíos deportivos.

A contorna de Riazor estivo ateigada durante toda a mañá dominical, puidendo practicar 63 modalidades deportivas gracias á presenza de 93 entidades. Máis de 1000 persoas involucradas nun evento que xunto milleiros de persoas no ventado barrio herculino.

Se no Orzán había zona de surf, polo areal de Riazor, podíanse practicar waterpolo ou piragüismo, ademais dos xa habituais quiddich, rugby, fútbol gaélico, volei e fútbol praia. As “rojigualdas” do grupo militar das carreiras de obstáculos non pasaron desapercibidas…

Dia do Deporte na Rua

Piraguismo no Dia do Deporte na rua

Na explanada de Riazor, ademais do numeroso público entregado ao zumba, había baloncesto, balonmán, futbito, hockey… na zona do paseo había esgrima, e pola banda da Tribuna do estadio deportes de contacto ou tenis. Toda unha marea de posibilidades para seguir fomentando hábitos de vida saudables entre a rapazada.

Rematou co sorteo de varios regalos a edición número 38 do Día do Deporte na Rúa, esperando que o ano que vén o Concello poida estirar un pouco o horario, pois de 11:00h a 14:00h quédase bastante curto para a marea de xente que hai.

 

Un domingo de descubrir novas disciplinas deportivas

ÚLTIMAS

Centos de persoas do comercio de alimentación volven mobilizarse por un “convenio digno e salario xusto”

Centos de empregadas e empregados do comercio de alimentación da provincia coruñesa secundaron as...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here