InicioECONOMÍAO Parlamento reclama que se outorguen as compensacións económicas aos mariscadores do...

O Parlamento reclama que se outorguen as compensacións económicas aos mariscadores do Burgo

Publicada o

Por monchomarino

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a dirixirse ao Goberno central para esixir que se dean compensacións económicas aos mariscadores da coruñesa ría do Burgo afectados polo dragado ata que o marisco alcance o tamaño comercial.

Esta proposta do PPdeG saíu adiante na Comisión de Pesca deste martes cos votos a favor do BNG e a abstención do Grupo Socialista.

O deputado popular Jesús María Fernández Rosende subliña que “a propia execución do dragado da ría do Burgo supón a indispoñibilidade dos terreos para calquera actividade incompatible coas obras, entre elas o marisqueo, o que obriga ao Goberno central, como administración promotora desta obra, a habilitar as imprescindibles compensacións aos profesionais obrigados aos cesamentos de actividade”.

“Lamentablemente, o Goberno de Pedro Sánchez non atendeu este deber nin as reiteradas demandas realizadas tanto desde a Xunta como os propios mariscadores para recibir estas indemnizacións, que debería cubrir todo o tempo que se deixou de traballar a consecuencia do dragado, incluído o período que transcorre desde que se finalizaron as obras ata que os bivalvos sementados, que serán obxecto de futura explotación marisqueira, alcancen a talla comercial”, incide.

Os populares consideran que esta situación “resulta máis indignante” debido a que o Goberno conta con “un remanente de 16 millóns de euros” ao ter un custo final a obra de 32 millóns fronte aos 48 millóns orzados.

Así mesmo, os deputados populares Jesús María Fernández Rosende e Miguel Fidalgo reuníronse este martes na Cámara con representantes dos mariscadores que acudiron ao debate desta iniciativa parlamentaria.

OUTRO ACORDO

Esta comisión tamén aprobou outra proposta popular para reclamar unha modificación do decreto de ordenación da frota pesqueira para “flexibilizar” o aproveitamento de potencia proveniente de paralizacións definitivas de embarcacións do rexistro de frota pesqueira.

O obxectivo é que se poida utilizar esta potencia pesqueira entre buques do mesmo caladoiro, especialmente no caso do caladoiro nacional, augas Neafc e palangre de superficie en augas internacionais.

Tamén se avoga por liñas de financiamento e axudas específicas, como subvencións directas ou liñas de crédito con intereses reducidos.

ÚLTIMAS

Os camións das obras do tren ao porto exterior deixan de pasar por Suevos ao desviarse pola autovía AC-15

Os vehículos pesados que participan nas obras da conexión ferroviaria do porto exterior de...

O PSdeG esixe “condicións dignas” na liña de bus A Coruña-Ferrol tras quedar usuarios “tirados” nas estacións

O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia "condicións dignas" para a liña de autobús...

O PP acusa a PSOE e BNG de “paralizar sen motivo” a construción de 400 vivendas nas Percebeiras

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, acusou a PSOE e...

Investigan un brote de gastroenterite que afecta a case 50 alumnos do IES de Elviña na Coruña

Entre 40 e 50 estudantes do IES Plurilingüe de Elviña, na Coruña, están afectados...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here