InicioA CORUÑAA Ministra de Vivenda sobre as vivendas de Xuxán: "non faltan recursos...

A Ministra de Vivenda sobre as vivendas de Xuxán: “non faltan recursos económicos” para resolver a situación

Publicada o

Por monchomarino

A ministra de vivenda, Isabel Rodríguez, sinalou que o director xeral de vivenda e un responsable do ICO estiveron cos representantes da veciñanza das vivendas de Xuxán.

En todo caso, apuntou que cre que se trata de “un problema de xestión” que espera que “se solvente” porque, tal e como subliñou, “non falta disposición, recursos económicos e financiamento”.

“Nunca antes se investiu tanto no Instituto de Crédito Oficial. Nos últimos meses promovemos a través deste financiamento máis vivendas que nos últimos 35 anos de vida do Instituto de Crédito Oficial”, apostilou.

Tamén puxo en valor a “disposición” do Goberno que “desde o primeiro momento puxo en marcha estes fondos de cooperación” que, engadiu, propician “a posibilidade de liderar polas administracións ou contratar con outras entidades, neste caso unha cooperativa, para avanzar nesa construción dun parque de vivenda en colaboración público-privada”.

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here